El Disparate foi un periódico editado na Lama entre 1910 e 1914.

Traxectoria Subtitulado Periódico informal, apareceu en 1910. Empezou a saír cada dez días (os días 1, 10 e 20 de cada mes). Imprimíase nos talleres tipográficos da viúva de J.A. Antúnez de Pontevedra. Publicación católica caracterizada por soster profundas polémicas, especialmente con El Eco de Puente-Caldelas na súa primeira época e La Voz de Puente-Caldelas. Publicou en galego algúns contos e coplas. Cesou a súa edición co número 109, o 10 de setembro de 1914.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita da provincia de Pontevedra Categoría:A Lama Categoría:1910 en Galicia