Francisco Cabo Pastor, nado en Ferrol en 1872 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 1973, foi un médico, conferenciante, xornalista, poeta e prosista galego, en lingua galega e lingua castelá, coñecido maiormente por ser autor de Semprenoiva (1923), novela histórica breve ambientada na época de Carlos V, incluída co número 13, o derradeiro, na colección Céltiga.
Traxectoria Foi fillo de Francisco Cabo Llebret, maquinista da Armada nado en Cuba e de Adela Pastor. Estudou debuxo e figura na Escola de Artes e Oficios de Ferrol e medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Presentou a súa tese, Reflexiones sobre la muerte repentina, na Universidade Central en 1905.Reflexiones sobre la muerte repentina. Memoria para optar al grado de doctor . Foi médico en Ferrol, Ares e As Pontes de García Rodríguez. Pertenceu ao claustro da Universidade de Santiago e publicou artigos, algúns premiados, nas revistas El Progreso Médico, Gaceta Farmacéutica Española e Sociedad Española de Higiene.
Impartiu numerosas conferencias no Ateneo Ferrolán, no Centro Obrero de Cultura, no Hospicio Municipal e en diversas sociedades comarcais. Colaborou en El Correo Gallego, Galicia e Juventud de Ferrol, Cultura Campesina de Fene, Ecos del Eume de Pontedeume, La Antorcha de Cedeira, El Compostelano de Santiago, Diario de Pontevedra, La Idea Moderna de Lugo, El Ideal Gallego e A Nosa Terra da Coruña e en publicacións de Buenos Aires, Montevideo e A Habana.
Anticaciquil, foi partidario da emigración. Postura que cambiou coa participación en Solidaridad Gallega xunto co seu amigo Rodrigo Sanz, e despois en Acción Gallega. A partir de 1916 incorporouse ao movemento galeguista utilizando o galego e preocupándose polo problema autonomista. O 15 de abril de 1917 foi un dos fundadores de Irmandades da Fala en Ferrol, nun acto celebrado no local de Airiños da Miña Terra, na rúa Real, no que foi designado tesoureiro-contador do consello local presidido por Xaime Quintanilla Martínez.
Compuxo o himno das As Pontes de García Rodríguez. O concello dedicoulle en agradecemento o nome dunha das súas rúas.
Debido a unha enfermidade, quedou cego con 50 anos de idade. Finou xa centenario.
Obra escrita publicada Obra en galego En 1919 apareceu Versos gallegos. Cántigas e cousas d-a nosa terra, reeditado en 2ª ed. en 1929 (94 páx.). Imprenta de El Correo Gallego.Versos gallegos, 2ª ed. en Internet Archive. Segundo o Diccionario da literatura galega: "onde se mostra como un poeta frouxo de tipo folclorizante".
En 1923, a novela histórica et alii (2011): Catálogo de novela histórica galega, UDC. curta Semprenoiva (31 páx.), n.º 13 da colección Céltiga.O Diccionario da literatura galega (v. I, p. 99) cualifícaa do seguinte xeito: "anodina novela curta". Escrita en prosa intercalada con varios poemas, conta a historia de amor de Hermosinda, unha moza abandonada polo seu mozo, a quen o autor compara coa flor chamada semprenoiva, que florece todo o ano. A portada orixinal, que representa un escudo de Galicia, foi obra da súa filla, María Cabo Usero, pintora e deseñadora.Ficha de Semprenoiva en Galiciana.
Obra en castelán En 1905, Reflexiones sobre la muerte repentina (77 páx.), memoria para optar ao grao de doutor. En 1908, ¡Despertad, gallegos! (Madrid, 128 páx.), un berro de liberdade e de protesta en contra do caciquismo.¡Despertad, gallegos! na biblioteca da Fundació Ferrer i Guàrdia. En 1924 publicou La universidad gallega (aportaciones para su autonomía) (Ferrol, 47 páx.). Tamén en 1924 apareceu en Madrid Los nue-borricos. Poema medical agrario, humorístico e xocoso (42 páx.). En 1934 publicou Camino de hierro. Apuntes de un ciego en un viaje de El Ferrol a Madrid (Madrid, 22 páx.). En 1935 apareceu Tertulia de rebotica (Madrid, 120 páx.).Tertulia de rebotica en Internet Archive. En 1970, Obras poéticas en un volúmen. Recuerdo de El Ferrol. Poesías íntimas. Apuntes biográficos (Ferrol, 199 páx.).Ficha de Poesías íntimas. Apuntes biográficos no sitio web da BNE.
Vida persoal Casou en 1899 con María Usero Torrente, irmá de Matías e de Antonio Usero Torrente.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Ateneo Ferrolán Irmandades da Fala Ligazóns externas Obras de Francisco Cabo Pastor do Ateneo Ferrolán en Internet Archive.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Médicos de Ferrol Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Persoas cegas