La Voz de Puente-Caldelas foi un semanario editado en Ponte Caldelas entre 1913 e 1914. Traxectoria Subtitulado Semanario independiente, apareceu a principios de 1913. Xurdiu cando El Eco de Puente-Caldelas cambiou de orientación e se fixo caciquil, e debe considerarse como o continuador da súa liña agrarista. Estaba dirixido por Amadeo Rodríguez Malvar que fora administrador de El Eco de Puente-Caldelas. Cesou a súa publicación en 1914.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Ponte Caldelas Categoría:Prensa agraria

Categoría:1913 en Galicia