Ernesto Baltar Santaló, nado en Padrón en 1900 e finado no mesmo concello o 2 de marzo de 1977, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Fillo de Ernesto Baltar Cortés. Xuíz municipal de Pontevedra en 1928, foi nomeado maxistrado suplente da Audiencia de Pontevedra en 1935. Foi elixido secretario da Unión Regional de Derechas de Pontevedra en xaneiro de 1936.El Pueblo Gallego, 14-1-1936, p. 13. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi alcalde de Pontevedra do 21 de maio de 1937 ao 16 de abril de 1939. Nos anos corenta foi conselleiro delegado da empresa Estañíferas de Galicia SA.ABC, 31-5-1942, p. 35. Foi o primeiro presidente da Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón. Finou en Padrón o 2 de marzo de 1977.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 3-3-1977, p. 28. Obras Exégesis de la obra del jurisconsulto gallego D. Juan Francisco de Castro, 1972.

Vida persoal Casou no pazo de Pallares de Monforte de Lemos con María Dolores Feijoo García, filla de Pedro Feijoo López, o 19 de marzo de 1939,La Región, 19-3-1939, p. 3. e foi pai de Ernesto, Ramón, Ubalda e María del Carmen Baltar Feijoo.

Notas

Categoría:Avogados de Padrón Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes