Mario Gómez García, nado en Riedlingen o 10 de xullo de 1985, é un futbolista alemán, que xoga na demarcación de dianteiro no VfB Stuttgart, e na selección alemá de fútbol. O seu traspaso do Stuttgart ó Bayern foi un récord na Bundesliga, ó facerse por 30-35 millóns de euros.

Traxectoria De pai de orixe granadina Gómez naceu en Riedlingen. Medrou en Unlingen no estado de Baden-Württemberg, ó suroeste de Alemaña, a 95 km de Stuttgart e a 175 km ao suroeste de Múnic. Comezou a formarse futbolisticamente en clubs menores pasando pronto ás categorías inferiores do VfB Stuttgart, debutou co primeiro equipo en 2004 nun encontro de Liga de Campións ante o Chelsea FC e pouco despois na Bundesliga.

Na tempada 2004/05, aínda con ficha no filial anotou 15 goles en 24 encontros co mesmo. Na tempada seguinte xa se fixo un oco no primeiro equipo, disputando 30 encontros e anotando 6 goles

Na tempada 2006/07 converteuse nun dos máximos anotadores da Bundesliga a pesar de sufrir varias lesións, renovando co Stuttgart ata 2012. Ao ano seguinte foi o segundo máximo goleador do campionato ligueiro por detrás de Luca Toni e o máximo da Copa con 6 goles.

No verán de 2009 fichou polo Bayern de Múnic por unha cifra entre 30 e 35 millóns de euros. Na súa segunda tempada no club muniqués foi o segundo máximo anotador da Liga de Campións, por detrás de Samuel Eto'o, e o máximo da Bundesliga con 28 goles.

Na tempada 2012/13 e última no Bayern o equipo proclamouse campións da Liga de Campións.

Coa selección de fútbol Ten nacionalidade española e alemá, decidíndose por xogar coa selección alemá. O seu primeiro partido coma internacional foi en febreiro de 2007 contra a selección suíza e foi convocado regularmente dende entón.

Disputou a Eurocopa de 2008 e 2012 e no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010.

Vida persoal Gómez é un notable portavoz sobre temas sociais, pensa que os homosexuais teñen que liberarse no fútbol e non preocuparse por iso. Gómez ten unha longa relación coa súa actual moza, Silvia Meichel.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de Mario Gómez

Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Nados en 1985 Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do VfB Stuttgart Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores do Beşiktaş JK Categoría:Xogadores do VfL Wolfsburg Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Alemáns de ascendencia española Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA