José Sixto García, nado en Guimarei (Friol) en 1984, é un xornalista, profesor e poeta galego.
Traxectoria É director do Instituto de Medios Sociais (Cidade da Cultura de Galicia) e profesor da Universidade de Santiago de Compostela.
Doutor en Comunicación e Xornalismo (Premio Extraordinario) pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Marketing e Comunicación. Catalogación e análise da nova variable do marketing aplicado á comunicación. MBA en Dirección e Xestión de Empresas e máster en Formación do Profesorado.
Foi director de Mercadotecnia e Comunicación no IECS. Traballa sobre sistemas de comunicación social, sobre todo redes sociais, e novos modelos de produción informativa. Ten publicado artigos en revistas científicas sobre Comunicación e XornalismoPerfil en Google Académico. Escribe en El Correo Gallego e foi columnista en De Luns a Venres.
Obras Poesía Berro de cristal, 2007. Peitos e tetas nas noticias do domingo, 2009, Sotelo Blanco. Tirizó, 2013.
Ensaio Comunicación institucional de proximidade, 2008. Marketing e Comunicación, 2009. Uxío Novoneyra, nos eidos da verdade, 2011. Las redes sociales como estrategia de marketing, 2013. Flujos comunicativos y búsqueda del talento, 2015. Fundamentos de Marketing Digital, 2016. Gestión profesional de redes sociales. Rutinas y estrategias de community management, 2018
Relato A estrela que veu. Terceiro premio no II Certame de Minicontos de Outono. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Sotelo Blanco. Obras de José Sixto García na Biblioteca on-line de ciências da comunicaçao
Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Friol Categoría:Nados en Friol Categoría:Nados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes