Loreto Mauleón, nada en Burgos o 14 de agosto de 1988, é unha actriz vasca principalmente coñecida por interpretar o papel de Joana na serie de televisión Goenkale.

Traxectoria Naceu en Burgos pero marchou cara a Donostia cando tiña sete meses. Estudou na ikastola Zurriola e despois pasou ao Instituto Peñaflorida. Na Universidade do País Vasco, estudou Enxeñaría de Obras Públicas pero nunca chegou a exercer porque comezou a traballar como actriz.

Filmografía Cinema La máquina de pintar nubes (2009) Bi anai (2010)

Televisión Goenkale (2008) El secreto de Puente Viejo (2012) Aitaren Etxea (2015) Lo que escondían sus ojos (2016) Olmos y Robles (2016) Los nuestros 2 (2019) Patria (2020)

Notas

Categoría:Actores do País Vasco Categoría:Nados en Burgos Categoría:Nados en 1988 Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco