Antonio Gómez Rigueira, nado en 1937, é un mestre e político galego do PPdeG.

Traxectoria Mestre de profesión, foi director do colexio público de Alfoz do Castrodouro dende 1978 ata a xubilación. Foi nomeado alcalde de Alfoz polo gobernador civil en 1969. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou como independente a candidatura de UCD á alcaldía de Alfoz e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 presentouse como independente nas listas de Coalición Galega e volveu ser elixido alcalde. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de AP e foi reelixido. Volveu ser elixido alcalde polo PPdeG nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, ata que en 2007 decide abandonar a política.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Alfoz do Castrodouro

Ligazóns externas Noticia en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Alfoz do Castrodouro Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia