O Club Lleida Esportiu é un club de fútbol de España da cidade de Lleida, Cataluña. Foi fundado en 2011 e xoga na Segunda División B.

Historia

O día despois de que Sisco Pujol, presidente do EFAC Almacelles fixésese coa Unidade Produtiva (os dereitos federativos para xogar na categoría) da desaparecida Unió Esportiva Lleida decidiu presentar a súa dimisión irrevogable por certos desentendidos entre a directiva á hora da repartición accionarial, Sisco pretendía un 51% e os demais directivos apostaban por entregarlle un 50% Os demais integrantes do Lleida Esportiu, deciden continuar co proxecto e nomean a Albert Esteve como presidente en funcións á espera da elección do novo máximo representante do club.

Á parte de Sisco Pujol, un dos vogais chamado Eduard Sentias que tiña que facerse cargo da área económica do club tamén presenta a dimisión. Así, o novo responsable da área económica será Albert Jové, que substitúe a Eduard Sentias; o avogado Sebastià Mothe ocupará a área xurídica e Jordi Esteve xestionará a área deportiva.

Estadio

O Camp d'Esports é un dos campos de fútbol máis antigos de España. Inaugurouse o 1 de xaneiro de 1919, e nel xogou un dos primeiros clubs de Lleida, o Joventut FC. O seu deseño correu a cargo do arquitecto leridano Adolf Florensa. Ademais de fútbol, o campo albergou outros deportes.

Co paso do tempo, o Camp d'Esports sufriu varias ampliacións e remodelacións, para dotalo dun maior aforamento. A maior renovación deuse en 1993, cando se homologou ás normas da Liga de Fútbol Profesional con medidas de seguridade, iluminación e eliminación das localidades sen asento. Actualmente o campo segue aberto, e nel xoga os seus partidos o Club Lleida Esportiu.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 4 Tempadas en 3ª: 0

Historial na liga Tempada Categoría Posición2011/122ªB7º2012/132ªB4º2013/142ªB3º2014/152ªB

Véxase tamén Unió Esportiva Lleida

Lleida Esportiu Categoría:Deporte en Lleida Lleida Esportiu