O Monte Wilhelm é o punto máis alto da Papúa-Nova Guinea. Ten 4.509 m de altitude. Pero non é o punto máis elevado da illa de Nova Guinea, sendo superado pola Pirámide Carstensz, con 4.884 m, e polo Puncak Trikora, con 4.750 m, ambos na provincia de Irian Jaya, Indonesia.

Forma parte da Cordilleira Bismarck e o seu pico é un punto de intersección de tres provincias, Simbu, Western Highlands e Madang.

O pico é coñecido polo nome de Enduwa Kombuglu na lingua local kuman, unha lingua papúa.

Algunhas fontes poñen ao Monte Wilhelm como o máis alto de Oceanía, incluíndo a Indonesia como parte de Asia (sueste asiático), incluíndose logo, na lista dos Sete Cumios.

Notas

Véxase tamén Información sobre o Monte Wilhelm

Categoría:Montañas de Papúa-Nova Guinea