200px|miniatura|Molécula de β-D-Gulopiranosa. 200 px|miniatura|Fórmula lineal. A gulosa é un monosacárido de seis carbonos (hexosa) cun grupo aldehido (aldosa), polo que pertence ao grupo das aldohexosas. Na natureza é un azucre raro, que foi atopado nalgunhas arqueas, bacterias e eucariotas . Existe tamén en xaropes. É soluble en auga e algo soluble en metanol. Nin o isómero D nin o L poden ser fermentados polos lévedos.A oxidación da D-gulosa por un ácido forte, como o ácido nítrico orixina o ácido glicárico.

Isómeros A gulosa é un epímero no carbono 3 da galactosa.

Existen os enantiómeros D e L, que teñen o OH do último carbono asimétrico situado respectivamente á dereita ou á esquerda. Porén, o D desvía o plano da luz polarizada á esquerda e o L á dereita, polo que se denominan D(-)-gulosa e L(+)-gulosa.

En disolución acuosa a 27 °C a forma tautómera predominante da D-gulosa é ß-D-gulopiranosa (81%).

Isómeros da D-Gulosa Forma lineal Proxección de Haworth 100px 130pxα-D-Gulofuranosa <1% 130pxß-D-Gulofuranosa 3% 90pxα-D-Gulopiranosa 16% 90pxß-D-Gulopiranosa 81 %

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hexosa. Aldosa.

Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos