O Estádio do Dragão é un estadio de fútbol portugués localizado en Porto, con capacidade para 50.399 espectadores. Serve de localía ao FC Porto.

Historia O estadio construíuse para substituír o vello Estádio das Antas, e inaugurouse o 16 de novembro de 2003 nun encontro amigable do FC Porto contra o FC Barcelona, partido no que debutou Lionel Messi no conxunto catalán.

Nel xogáronse 5 encontros da Eurocopa 2004 organizada por Portugal. Un deses encontros foi o inaugural do torneo, que enfrontou a Portugal con Grecia. Outros encontros foron o Italia-Suecia, o Alemaña-Países Baixos, o Chequia-Dinamarca de cuartos de final e o Grecia-Chequia das semifinais. 400px|miniatura|centro|Interior do Estadio do Dragão.

Eurocopa 2004

Partidos O Estádio do Dragão albergou durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, entre eles o partido inaugural do torneo, un de cuartos de final e unha semifinal. Os partidos foron os seguintes: Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores 12 de xuño Primeira rolda 1–2 48.761 15 de xuño Primeira rolda 1–1 48.197 18 de xuño Primeira rolda 1–1 44.926 27 de xuño Cuartos de final 3–0 41.092 1 de xullo Semifinal 1–0 42.449

Véxase tamén Ligazóns externas

Datos do estadio na páxina do FC Porto

Categoría:Estadios de fútbol de Portugal Categoría:Arquitectura do Porto Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 2004