dereita|miniatura|Placa na memoria de Alejandro Porto, Avelino Landeira, Jesús Miño e Modesto del Río en Serantes, Ferrol. Alejandro Porto Leis, nado en Serantes (Serantes) en 1887 e finado na Frouxeira (Valdoviño) o 3 de febreiro de 1938, foi un electricista naval e político galego.

Traxectoria Emigrante na mocidade a Cuba e aos Estados Unidos, volveu á súa vila a finais da década de 1920 para traballar como electricista en Bazán. Militante da ORGA, presentouse a alcalde por esta formación nas eleccións de 1931, e saíu elixido alcalde. Foi detido a principios de xaneiro de 1934 pola detención do cura párroco de Serantes Salustiano Rodríguez Celeiro.El Ideal Gallego, 4-1-1934, p. 1. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido, xulgado en Consello de guerra e condenado por posuír unha arma, tamén foi destituído como concelleiro de Serantes.El Ideal Gallego, 15-9-1934, p. 1. Saíu en liberdade en outubro de 1935 e foi amnistiado en 1936. Integrouse en Izquierda Republicana. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi restituído como alcalde de Serantes o 21 de febreiro.El Correo Gallego, 23-2-1936, p. 1.

Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, Porto Leis escapou ao monte, onde permaneceu agochado ata 1938 cando acudiu a un médico. O médico delatouno e prendérono canda outros tres homes cos que estaba agochado, os labregos Modesto del Río e Jesús Miño e o carpinteiro Avelino Landeira. Foron executados sen xuízo na praia. Aínda que en 2006 se anunciouLocalizan la fosa del último alcalde de Serantes, páxina persoal, reproducindo un artigo de Diario de Ferrol do 24/8/2006 que se descubrira a foxa común onde estaban soterrados, a localización exacta do lugar de soterramento segue sendo descoñecida."El alcalde fugitivo", El País, 4/12/2009 . Desde 2011 existe un monólito conmemorativo dos catro homes executados en Serantes.

Obras Publicou en 1933 o poemario Intemperancias poéticas, con versos en castelán e galego.

Transcendencia A historia recolleuna no documental O segredo da Frouxeira o cineasta Xosé Abad.

Notas

Categoría:Nados en Serantes Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Serantes Categoría:Alcaldes de Galicia da ORGA Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega