Tierra Gallega foi un periódico editado na Coruña entre 1903 e 1917. Tivo unha segunda etapa en 1933.
Historia e características Diario republicano que apareceu o 1 de setembro de 1903El Norte de Galicia, 2-9-1903, p. 2., órgano do partido republicano da Coruña continuador de El CombateEl Noroeste, 2-9-1903, p. 1. e portavoz do republicanismo en Galicia.Durán (1973), p. 33 Foron os seus directores Eladio Fernández Diéguez e Adolfo Lahorra (1910El Noroeste, 4-5-1910, p. 2.-1914El Noroeste, 20-1-1914, p. 1.). Antonio Carballo Tenorio foi un dos redactores e entre os seus colaboradores figuraron Leandro Carré Alvarellos (co pseudónimo "L. de S.") e Antón Villar Ponte.
En 1914 Santiago Casares Quiroga asumiu a dirección do periódico, que defendeu o autonomismo galego, renegando do vello federalismo. Mantivo unha liña neutral ante o conflito da primeira guerra mundial, o que provocou un enfrontamento cos partidarios de que o periódico apoiase os aliados. miniatura|page=5|Coruña, talleres de Tierra Gallega. Segunda etapa En 1933 a dirección da Organización Republicana Gallega Autónoma acordou editar de novo o xornal. Saíu á luz o 25 de xaneiro con Julio Wonenburger como director, aínda que en febreiro aparece como director Avelino López OteroFaro Villalbés, 11-2-1933, p. 3.. Non conseguiu consolidarse e pechou o 4 de xuño dese ano.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1903 en Galicia