A Libra irlandesa (en irlandés Punt Éireannach e en inglés Irish pound) foi a moeda oficial da República de Irlanda ata a introdución do Euro en 1999 e foi retirada definitivamente o 28 de febreiro do 2002. Foi emitida como moeda independente en 1928 como substituta da libra esterlina, aínda que mantivo paridade coa moeda británica ata 1979.
A súa taxa de troco era de 0,787564 libras por cada Euro. O seu código ISO 4217 era IEP.
Véxase tamén Ligazóns externas Banco Central de Irlanda
Categoría:Moedas de Irlanda Categoría:ISO 4217 Categoría:Moedas substituídas polo euro