O nakfa é a moeda oficial de Eritrea dende 1997, cando se introduciu para substituír o birr etíope cun valor paritario. Dende o 1 de xaneiro do 2005 ten unha taxa de troco fixo co dólar estadounidense. O seu código ISO 4217 é ERN e subdivídese en 100 céntimos.
A moeda recibe o seu nome en honor á cidade de Nakfa, que foi a base da Fronte Popular para a Liberación de Eritrea durante a Guerra da Independencia de Eritrea.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio do Banco de Eritrea
Categoría:Moedas de África Categoría:ISO 4217