Froilán Maldonado Monje, nado en Villapún (Palencia) o 2 de outubro de 1956, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria Iniciouse na tempada 1980–81 no CF Palencia en Segunda División, descendeno a Terceira ao remate da campaña, volvendo a xogar na categoría de prata na tempada 1982–83. O seu bo facer no club palentino ábrelle as portas do RCD Espanyol de Primeira División, onde estivo tres campañas.

Na tempada 1986–87 foi contratado polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. No club galego, onde permaneceu unha campaña, foi un habitual do esquema de Eusebio Ríos na zaga branquiazul, xunto con Portela, Silvi e Richard Moar.

Na tempada 1987–88 foi contratado polo UE Figueres onde permaneceu até 1990.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados na provincia de Palencia Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CF Palencia Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da UE Figueres