María del Carmen Gueimunde González, máis coñecida como Mariña Gueimunde, nada en Viveiro o 7 de setembro de 1968, é unha política galega, foi a primeira muller que ocupou acta no Senado pola provincia de Lugo.

Traxectoria Neta de José Gueimunde López que foi alcalde de Viveiro no franquismo. Profesora de Secundaria, iniciou a súa carreira política co PPdeG no ano 2007, cando formou parte da candidatura deste partido nas eleccións municipais no concello de Viveiro. Saíu elixida concelleira. No 2008 presentouse como candidata ao Senado. Ao ser elixida nos comicios xerais do 9 de marzo, converteuse na primeira senadora da historia pola provincia de Lugo.

Foi Xefa Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. E en 2023, foi nomeada Xefa Territorial da Consellaría do Mar.

Presentouse en Viveiro ás eleccións municipais de 2023, e foi a candidata máis votada, mais un pacto do PSdeG-PSOE co BNG e coa candidatura independente Por Viveiro (xV), propiciou que quedase na oposición. Posteriormente, varios desacordos entre esas forzas levaron a que a candidatura independente dese o seu apoio á candidatura do PP, e propuxeron unha moción de censura para levar á alcaldía a Mariña Gueimonde. Finalmente, tralo pleno do 7 de marzo, converteuse en alcaldesa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Viveiro Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Concelleiros de Viveiro Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Senadores por Lugo Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria