A Selección de rugby de Zimbabwe é considerada coma unha selección de terceiro nivel. O equipo ten participado en actividades do rugby dende o século XIX, con encontros internacionais xogados dende a década de 1910. O equipo é coñecido co nome de Sables. A selección de rugby de Zimbabwe participou nas Copas do Mundo de 1987 e 1991, nas que o combinado africano non gañou ningún partido.

Historia Logo da súa independencia, Zimbabwe pasa a denominarse Rodesia, e o seu equipo é unha das seis nacións que conseguiron bater á selección de Nova Zelandia en 1949.

Zimbabwe na Copa do Mundo 1987 - Fase de grupos 1991 - Fase de grupos 1995 - Non se clasificou 1999 - Non se clasificou 2003 - Non se clasificou 2007 - Non se clasificou 2011 - Non se clasificou 2015 - Non se clasificou 2019 - Non se clasificou

Véxase tamén Ligazóns externas Zimbabwe Rugby (en inglés). Zimbabwe na IRB (en inglés).

Zimbabwe Categoría:Deporte en Zimbabwe