A Selección de rugby de Tonga representa a Tonga nas competicións oficiais de rugby. O combinado adoita ser coñecido como Ikale Tahi (Aguias do mar). Coma os seus veciños da Polinesia, os tonganos realizan unha danza guerreira, o sipi tau, antes do comezo dos seus partidos.

Tonga forma parte da Pacific Islands Rugby Alliance que agrupa ademais ás federacións de Samoa e Fidxi.

A pesar de que a poboación de Tonga apenas supera os 100.000 habitantes e menos de 800 xogadores practican o rugby, o equipo de Tonga posúe un bo nivel. Algúns dos máis famosos xogadores de rugby proceden de Tonga, aínda que triunfaron coas seleccións doutros países: Jonah Lomu, Isitolo Maka ou Willy Ofahengaue, entre outros.

Copa do Mundo de Rugby Participacións de Tonga na Copa do Mundo. Edición Organizador Posto 1987 Nova Zelandia e Australia Fase de grupos 1991 Inglaterracoa asistencia de Gales, Escocia, Irlanda e Francia Non se clasificou 1995 Suráfrica Fase de grupos 1999 Galescoa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia Fase de grupos 2003 Australia Fase de grupos 2007 Franciacoa asistencia de País de Gales e Escocia Fase de grupos 2011 Nova Zelandia Fase de grupos 2015 Inglaterracoa asistencia de Gales Fase de grupos 2019 Xapón Fase de grupos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Copa do Mundo de Rugby

Ligazóns externas Páxina web oficial

Tonga