Juan Ricardo Miguel Zulueta Vergarajauregui, coñecido como Iván Zulueta, nado en Donostia (Guipúscoa) o 29 de setembro de 1943 e finado na mesma cidade o 30 de decembro de 2009, foi un deseñador e cineasta ligado á movida madrileña. Artista heterodoxo, cultivou distintas áreas, desde a decoración até a música. É coñecido principalmente polo seu traballo como director e guionista do filme Arrebato e como cartelista das primeiras obras de Pedro Almodóvar.

Cinema Curtametraxes La fortuna de los Irureta (1964), super 8, cor, 20’. Ágata (1966), 35 mm, branco e negro, panorámica, 18’. Ida y vuelta (1967), 35 mm, branco e negro, panorámica, 41’. KingKong (1971), super 8, branco e negro, 6’. Frank Stein (1972), 35 mm, branco e negro, 3’. Masaje (1972), 35mm, branco e negro, 3’. Roma-Brescia-Cannes (1974), super 8, cor, 24’. Mi ego está en babia (1975), super 8, cor, 40’. Aquaium (1975), super 8, Cor, 14’. Complementos (1976), super 8, cor, 19’. Fiesta (1976), super 8, cor, 12’. A malgam A (1976), super 8, cor, 33’. El mensaje es facial (1976), super 8, cor, 20’. Leo es pardo (1976), 16 mm (ampliada a 35), cor, 12’. Tea For Two (1978), super 8, cor, 9’. La taquillera (1978), super 8, cor (inacabada). Párpados (1989), 16 mm, cor, 29’. Ritesti (1992), 35 mm, cor 29’.

Longametraxes Un, dos, tres, al escondite inglés (1969), 35mm, cor, panorámica, 90’. Arrebato (1979), 35 mm, cor, panorámica, 105’.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Iván Zulueta Biografía de Iván Zulueta na páxina oficial de José María Íñigo

Categoría:Personalidades do cinema Categoría:Movida madrileña Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados en Donostia