Os Blues (chamados Auckland Blues ata 1999) son un equipo de rugby da cidade de Auckland, en Nova Zelandia. Foi fundado en 1996 cando se creou o Super 12 como máxima competición profesional de rugby no hemisferio sur. Dende entón o equipo alcanzou catro veces a final do torneo, saíndo campión en tres ocasións (1996, 1997 e 2003).

En 2020 a franquía pertence nun 60% a un consorcio chamado Rugby Holdings que está formado polas tres federacións locais do norte da illa: Northland Rugby Union, North Harbour Rugby Union e Auckland Rugby Union. O restante 40% pertenceu entre 2013 e 2018 a un investidor de capital privado llamado Bolton Equities, pero dende 2018 pertence de novo á federación nacional New Zealand Rugby que recuperou a súa participación por mor da mala xestión económica e deportiva dos últimos anos.Revealed: New Zealand Rugby buys back 40 per cent stake in Blues New Zealand Rugby steps in to take large stake in the basement Blues

Estadio Os Blues xogan os seus encontros como locais principalmente no estadio Eden Park, construído en 1900, e que ten unha capacidade para acoller a máis de 50.000 seareiros nas súas bancadas. Este estadio é o maior de Nova Zelandia, e nel tamén xoga como local o Auckland Rugby Union da Mitre 10 Cup, ademais do equipo Auckland Aces de crícket.

O Eden Park acolleu dúas finais da Copa do Mundo de Rugby, en 1987 e 2011.

Outros recintos nos que xoga como local o equipo dos Blues son o Okara Park de Whangarei e o North Harbour Stadium de Albany. Auckland Albany Whangarei Eden Park North Harbour Stadium Okara Park Capacidade: 50,000 Capacidade: 30,000 Capacidade: 18,500 350px 200px 140px

Xogadores No pasado teñen pasado polas ringleiras do equipo xogadores tan importantes como Carlos Spencer, Joe Rokocoko, Jerome Kaino, Ali Williams, Mils Muliaina, Jonah Lomu, Doug Howlett, Michael Jones, Zinzan Brooke, Ma'a Nonu ou Sean Fitzpatrick entre outras moitas estrelas deste deporte. Capitáns Zinzan Brooke (1996–1997) Michael Jones (1998) Robin Brooke (1999–2001) Glenn Taylor (2002) Xavier Rush (2003–2005) Keven Mealamu (2006, 2009–2012) Troy Flavell (2007–2008) Ali Williams (2013) Luke Braid (2014) Jerome Kaino (2015–2016) James Parsons (2016–2017) Augustine Pulu (2018) Blake Gibson (2019) Patrick Tuipulotu (2019–...)

Equipo dos Blues no Super Rugby 2020Primeira liña Alex Hodgman Ezekiel Lindenmuth Sione Mafileo Marcel Renata Karl Tu'inukuafe Ofa Tu'ungafasi Joe Walsh

Talonadores Kurt Eklund Ray Niuia James Parsons Luteru Tolai

Segunda liña Aaron Carroll Gerard Cowley-Tuioti Josh Goodhue Jacob Pierce Patrick Tuipulotu (c) Sam CairdTerceira liña Blake Gibson Akira Ioane Tony Lamborn Dalton Papalii Waimana Riedlinger-Kapa Tom Robinson Hoskins Sotutu James Tucker

Medios de melé Finlay Christie Sam Nock Jonathan Ruru

Aperturas Beauden Barrett Otere Black Jack Heighton Stephen Perofeta Harry Plummer Dan Carter Centros TJ Faiane Rieko Ioane Joe Marchant Tanielu Teleʻa Tamati Tua

Ás e Zagueiros Caleb Clarke Matt Duffie Jordan Hyland Emoni Narawa Jared Page Mark Telea En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.

Adestradores AdestradorPeríodoPartidosPGPEPP Graham Henry1996–1998393216 Jed Rowlands199911416 Gordon Hunter200011605 Frank Oliver200111407 Peter Sloane2002–20054630115 David Nucifora2006–20084023017 Pat Lam2009–20126431132 John Kirwan2013–20155018032 Tana Umaga2016–20184619225 Leon MacDonald2019–20202310112

Traxectoria A traxectoria dos Auckland Blues no torneo Super Rugby é unha das mais exitosas de entre tódolos equipos que o disputan. No palmarés dos Blues hai 3 campionatos, nos anos 1996, 1997 e 2003, e un subcampionato no ano 1998. Na edición pasada o equipo quedou na 14ª posición xeral. miniatura|alt=Carte des franchises|Área á que representan os clubs neozelandeses dende 1999. TempadaXog.Gañ.Emp.Per.PUNTOSTemp.RegularPlayOffs2016 20151630132014º2014167093710º20131660104410º20121640123212º2011161015604ºSEMIFINALISTA201013706377º200913508329º200813805406º200713904424ºSEMIFINALISTA200613607298º200511605277º200411614325º2003111001491ºCAMPIÓN200211605296º2001114072111º200011605306º199911416239º199811902431ºFINALISTA1997111010501ºCAMPIÓN199611803412ºCAMPIÓN

Notas

Véxase tamén Rugby Super Rugby

Ligazóns Official site

Blues