O Montpellier Hérault Rugby Club é un club de rugby francés da cidade de Montpellier a capital de Languedoc-Roussillon. O equipo compite actualmente na máxima categoría da Ligue Nationale de Rugby, o Top 14.
O equipo foi fundado en 1986 da unión do Stade Montpelliérain e o MUC Rugby. Acostumaban xogar os seus partidos como locais no Stade Sabathé, cunha capacidade para 5.000 espectadores, mais trasladáronse ao Stade Yves-du-Manoir dende a Copa do Mundo de Rugby 2007. O equipo viste de azul e branco.
Historia O club fundouse en 1986 da unión doutros dous clubs da cidade, o Stade Montpelliérain e o MUC Rugby. O Montpellier non chegou nunca a unha final do Top 14, mais acadaron un bo número doutros títulos. En 1993 gañou o Challenge de l'Espérance.
A principios do anos 2000, o equipo acadou un grande éxito, xa que ascenderon á máxima categoría do rugby de Francia logo de proclamárse campións da Rugby Pro D2 (a segunda división do rugby francés) na tempada 2003. A seguinte tempada o club competiu na terceira competición europea, a European Shield, gañando a final en maio de 2004 ao equipo italiano do Viadana por 25 a 19.
Palmarés Top 14: Finalista: 2010-11 Rugby Pro D2 Campión: 2003 European Shield: Campión: 2004 Challenge de l'Espérance: Campión: 1993
Resultados das finais Top 14 Data Campión FinalistaResultado EstadioEspectadores 4 de xuño de 2011Stade ToulousainMontpellier Hérault RC15-10Stade de France, Saint-Denis77,000
European Shield Data Campión FinalistaResultado EstadioEspectadores 21 de maio de 2004Montpellier Hérault RCViadana25-19Sergio Lanfranchi, Parma2,553
Tempada actual
Véxase tamén Outros artigos Top 14 Ligazóns externas Site oficial
Categoría:Equipos de rugby de Francia