A sección de rugby do Futbol Club Barcelona foi creada en 1924. Non dispón dun terreo de xogo propio dende a construción do Palau Blaugrana, ao principio da década dos '70. O equipo sénior A, grazas a un acordo de cesión de dereitos coa USAP Barcelona, competiu a tempada 2007-08 na División de Honra Española, quedando relegado, tralo descenso de categoría, en virtude a este acordo á Primeira Nacional (terceira categoría do rugby en España trala División de Honra A e a División de Honra B), onde competía ata a tempada 2007-08 o equipo sénior B, baixando este equipo á Segunda Catalá e desapareceu o equipo sénior C. Durante a tempada 2008-09, os equipos sénior A e sénior B acadaron o ascenso de categoría á División de Honra B e Primeira Catalá, respectivamente. Na tempada 2013-14 o primeiro equipo acadou o ascenso á División de Honra.

O FC Barcelona é un dos clubs máis laureados do rugby español grazas aos títulos conquistados entre os anos '40 e '60.

Historia A sección de rugby do Futbol Club Barcelona constituíuse oficialmente o 21 de setembro de 1924, obra dos directivos Massana e Cusell, a pesar de que xa a principios do século, con Baltasar Albèniz de promotor, algúns socios do club disputaran partidos co nome do club.

Antes da guerra civil española, o club acadara tres campionatos de España e sete de Cataluña. Durante os anos '40 e '50 continuou sendo o principal club de España, conquistando 10 campionatos de España e as dúas primeiras ligas españolas, en 1953 e 1954.

Nos anos '80 o club diminuíu o apoio á sección de rugby, que se viu relegada a un segundo nivel no panorama do rugby, tanto catalán como español.

Na tempada 2010-11 o FC Barcelona competiu no Grupo 1 da División de Honra B, acadando a 3ª posición na clasificación final, a só 2 puntos do Vigo Rugby Club que posteriormente acadou o ascenso a División de Honra.

Palmarés Posicións finais do FC Barcelona nas competicións ligueiras nacionais dende a creación da liga en 1953 Categoría201918171615141312111009080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473727170 -5453Div.Honra 6710711 106 745 3xxx 1096832 11Div.HonraB 14632 1ªNacional 2 34457443587 1 242 A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional (creada en 1972) era a 2ª División do rugby español. Entre 1955 e 1969 non se disputou a Liga. Liga Española de rugby: 2 títulos. 1ª posición: 1952/53, 1953/54 2ª posición: 1969/70 3ª posición: 1970/71, 1981/82 Copa do Rei de rugby: 16 títulos. 1ª posición: 1925/26, 1929/30, 1931/32, 1941/42, 1943/44, 1944/45, 1945/46, 1949/50, 1950/51, 1951/52, 1952/53, 1954/55, 1955/56, 1964/65, 1982/83, 1984/85 2ª posición: 1946/47, 1956/57, 1957/58, 1967/68, 1968/69, 1983/84, 2018/19 Copa Ibérica de rugby: 1 título. 1ª posición: 1969/70 2ª posición: 1965/66 Supercopa de España de rugby: 1 título. 1ª posición: 1983/84 2ª posición: - Tempadas completadas na División de Honra Con 51 tempadas: UE Santboiana Con 37 tempadas: CR Cisneros Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo Con 34 tempadas: Getxo RT Con 32 tempadas: VRAC Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias Con 23 tempadas: FC Barcelona Con 22 tempadas: RC Valencia Outros. Tempada actual

Véxase tamén Outros artigos División de Honra de Rugby División de Honra B de Rugby Copa do Rei de Rugby

Ligazóns externas Site da sección de rugby do FC Barcelona.

FC Barcelona Rugby