Eusebio Ríos Fernández, nado en Portugalete o 30 de marzo de 1935 e finado na mesma localidade o 10 de maio de 2008, foi un futbolista e adestrador de fútbol español, pai do exfutbolista Roberto Ríos. Xogaba de defensa central e foi internacional coa selección española.

Traxectoria Futbolista Formouse como futbolista no Galindo de Sestao e Ortuella, para debutar na tempada 1955–56 no Arenas de Getxo, club no que estivo unha campaña. En 1956 foi contratado polo SD Indautxu, onde estivo dous anos. Na tempada 1958–59 fichou polo Real Betis, xogando en Primeira División durante 9 campañas (desde a 1958–59 até a 1965–66 e a 1967–68) nas que disputou un total de 192 encontros e marcou 1 gol. O seu debut en Primeira División produciuse o 21 de setembro de 1958 no estadio Sánchez Pizjuán, nun encontro entre o Sevilla FC e o Betis (2–4), que ademais foi o primeiro partido oficial celebrado en dito estadio.

Selección nacional Foi internacional coa selección española nunha ocasión.

Adestrador Tras adestrar en Segunda División ao Barakaldo CF durante tres tempadas, desde 1972 até 1975, e pasar polo Real Jaén, chegou ao Recreativo de Huelva, logrando na tempada 1977–78 o primeiro ascenso a Primeira División na historia deste club. Mantívose no mesmo club durante toda a campaña 1978–79, aínda que o equipo acabou no último lugar da clasificación.

Posteriormente, conseguiu outro ascenso a Primeira co Real Valladolid na tempada 1979–80.

A mediados da tempada 1981–82 chegou ao Real Murcia, que militaba na Segunda División. Ascendeu ao equipo a campaña seguinte e permaneceu no mesmo até 1985, converténdose con 60 partidos no adestrador que máis partidos dirixiu en Primeira División ao club grana.

Despois de adestrar en Segunda nas tempadas 1986–87 e 1987–88 o Deportivo da Coruña, na campaña 1988–89 dirixiu en Primeira o Real Betis, club no que tamén actuou como director deportivo a mediados dos anos 1990.

Adestrou o Rayo Vallecano na tempada 1990–91 e en parte da 1991–92.

Estivo presente no organigrama técnico do Athletic Club entre as tempadas 1997–98 e 2001–02.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en Portugalete Categoría:Futbolistas do País Vasco Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Arenas Club de Getxo Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores da SD Indautxu Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores do Real Jaén Categoría:Adestradores do Real Betis Balompié Categoría:Adestradores do Real Murcia Categoría:Adestradores do Real Valladolid Categoría:Adestradores do Barakaldo CF Categoría:Directores deportivos de fútbol de España