O Partido de Centro Estoniano (en estoniano: Eesti Keskerakond, EK) é un partido político estoniano centrista,Plakans (2011), p. 424Nordsieck (2019) de ideoloxía socioliberal, e populista. É un dos maiores partidos políticos de Estonia e actualmente ten 16 escanos no Parlamento estoniano, sendo a terceira forza política máis grande nas últimas eleccións de 2023. O partido foi membro da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa (ALDE) até o 14 de setembro de 2024. O 14 de marzo de 2026, o partido votou a favor de iniciar negociacións para unirse ao Partido dos Conservadores e Reformistas Europeos.
O partido fundouse o 12 de outubro de 1991 a partir da Fronte Popular de Estonia despois de que varios partidos se separasen del. Naquel momento, o partido chamábase Partido do Centro Popular (Rahvakeskerakond) para distinguilo do Partido do Centro Rural (Maa-Keskerakond), máis pequeno e de centrodereita. O 20 de agosto de 2005, fusionouse co Partido dos Pensionistas de Estonia (Eesti Pensionäride Erakond) e converteuse no segundo partido máis grande, con máis de 9.000 membros.
O primeiro presidente do partido foi Edgar Savisaar. Nos últimos tempos, o presidente do Partido do Centro desde o 5 de novembro de 2016 até setembro de 2023, foi Jüri Ratas, cando foi substituído por Mihhail Kõlvart.
Historia
Evolución 1995-2019 Nas eleccións parlamentarias de marzo de 1995, o Partido do Centro quedou en terceiro lugar co 14,2 % dos votos e 16 escanos. Entrou na coalición, con Edgar Savisaar asumindo o cargo de Ministro do Interior e outros catro postos ministeriais (Asuntos Sociais, Economía, Educación e Transporte e Comunicacións). Tras o "escándalo das gravacións" (gravacións secretas de conversas con outros políticos) no que estivo involucrado Savisaar, o partido viuse obrigado a pasar á oposición. Aqueles que estaban decepcionados polo comportamento do seu líder abandonaron para formar un novo partido. Savisaar converteuse no en alcalde da capital, Talín.
En 1996, Siiri Oviir presentouse á presidencia de Estonia. Nas eleccións parlamentarias de marzo de 1999, o Partido do Centro, cuxo lema principal era o imposto progresivo sobre a renda, obtivo o 23,4 % dos votos (o primeiro resultado) e 28 escanos no Riigikogu. Os membros do partido participan activamente nas súas 26 ramas: oito delas en Tallinn e 18 en cidades e condados. O Partido do Centro converteuse en membro do Partido da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa (daquela coñecido como Partido Liberal Demócrata e Reformista Europeo) no Congreso de Londres da organización en xullo de 2003. O partido tamén solicitou ser membro da Internacional Liberal (LI) en 2001, pero esta decidiu rexeitar a solicitude do partido en agosto de 2001, xa que se considerou que a conduta de Savisaar "non sempre se axustaba aos principios liberais".Day (2002), p. 165
En 2001, Kreitzberg presentouse sen éxito ás eleccións presidenciais de Estonia. Savisaar foi o alcalde de Tallin, a capital de Estonia, dende 2001 ata o outono de 2004, cando se viu obrigado a dimitir tras unha moción de censura. Foi substituído por Tõnis Palts, da Res Publica.
En xaneiro de 2002, o Partido do Centro e o Partido Reformista Estoniano formaron unha nova coalición gobernamental na que o Partido do Centro obtivo 8 carteiras ministeriais (Ministro de Defensa, Educación, Asuntos Sociais, Finanzas, Economía e Comunicacións, Interior, Agricultura e Ministro de Integración e Minorías Nacionais). A coalición permaneceu ata as novas eleccións de 2003, nas que o partido obtivo 28 escanos. Aínda que o Partido do Centro obtivo a maior porcentaxe de votos, estivo na oposición ata marzo de 2005, cando o goberno de Juhan Parts colapsou. En 2003, a maioría da asemblea do partido non apoiou a adhesión de Estonia á Unión Europea (UE). Savisaar non expresou claramente a súa posición.
Pouco despois, varios membros do Partido de Centro abandonaron o partido no outono de 2004, principalmente debido a obxeccións ás tendencias autocráticas de Savisaar e á postura escéptica do partido coa UE, formando o Partido Social Liberal. Algúns deles uníronse ao Partido Socialdemócrata, outros ao Partido Reformista e outros ao Partido Popular. Un destes deputados reincorporouse máis tarde ao Partido de Centro. Desde a adhesión de Estonia á UE, o partido revisou en gran medida as súas posicións anteriormente escépticas coa UE.Sikk (2011), p. 60
En 2004, o Partido de Centro obtivo o 17,5% dos votos nas eleccións ao Parlamento Europeo e gañou un membro no Parlamento Europeo, Siiri Oviir, quen se uniu ao Grupo da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa (ALDE). No interior, participou no goberno nunha coalición co Partido Reformista Estoniano e a Unión Popular de Estonia desde o 12 de abril de 2005 ata que un novo goberno tomou posesión tras as eleccións de marzo de 2007. O Partido de Centro tivo cinco carteiras ministeriais (Edgar Savisaar como Ministro de Economía, e mais tamén as carteiras de Asuntos Sociais, Educación, Cultura e Interior). As eleccións locais do 16 de outubro de 2005 foron moi exitosas para o Partido de Centro ao lograr 32 escanos de 63 no concello de Talín, co que chegou á maioría absoluta nese municipio. Un dos factores detrás deste éxito en Talín foi, probablemente, a inmensa popularidade do Partido de Centro entre os votantes de fala rusa. E segurametne, o controvertido acordo de cooperación entre o Partido de Centro Estoniano e o partido político dominante en Rusia, Rusia Unida, probablemente contribuíu ao éxito no electorado étnico ruso.Duvold (2017), p. 138 Así, gobernou en solitario na cidade de Talín, co liderado de Jüri Ratas, un político de 27 anos elixido alcalde de Talín en novembro de 2005. Foi substituído por Savisaar en abril de 2007. Tamén gobernou, en coalición, noutras 15 localidades importantes de Estonia como Pärnu, Narva, Haapsalu e Tartu. Nas eleccións parlamentarias estonianas de 2007, o partido recibiu 143.528 votos (o 26,1 % do total), unha mellora do 0,7 %. Obtiveron 29 escanos, un aumento dun escano en comparación coas eleccións de 2003, aínda que debido ás desercións de 2004, que diminuíran a súa forza, gañaron 10 escanos. Agora son o segundo partido máis grande do Parlamento e o maior partido da oposición. miniatura|Edgar Savisaar.|esquerdaO 16 de xuño de 2007, Edgar Savisaar e Jaan Õmblus publicaron unha proposta sobre como mellorar o que consideran a crise económica de Estonia e, pouco despois, en 2008, o partido criticou as políticas de Andrus Ansip, que, na opinión do Partido de Centro, contribuíron aos problemas económicos de Estonia dos últimos tempos.
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, o Partido de Centro obtivo a maior cantidade de votos e dous dos seis escanos de Estonia, que foron ocupados por Siiri Oviir e Vilja Savisaar. Nas eleccións locais de 2009, o partido reforzou a súa maioría absoluta no concello de Talín. A pesar da súa maioría absoluta, formou unha coalición co Partido Socialdemócrata. As enquisas recentes suxerían que o partido era particularmente popular entre a minoría rusofalante de Estonia.
O 9 de abril de 2012, oito membros destacados do Partido de Centro decidiron abandonar o partido, alegando frustración cos seus intentos de traer apertura e transparencia á dirección do partido. Anteriormente, o deputado Kalle Laanet fora expulsado o 21 de marzo polas súas críticas á dirección do partido. Entre os políticos saíntes estaban os eurodeputados Siiri Oviir e Vilja Savisaar-Toomas, os deputados Inara Luigas, Lembit Kaljuvee, Deniss Borodich e Rainer Vakra, así como Ain Seppik e Toomas Varek.
Nas eleccións locais do 20 de outubro de 2013, o Partido do Centro e o seu líder Edgar Savisaar tiveron éxito, gañando a maioría absoluta na cidade de Talín co 53 % dos votos e asegurándose 46 dos 79 escanos (2 máis que en 2009), considerablemente máis que o partido que quedou en segundo lugar, a Unión pola Patria e a Res Pública, que recibiu o 19 % dos votos e 16 escanos.
O Partido do Centro Estoniano tivo un bo rendemento nas eleccións de 2015, obtendo o 24,8 % dos votos e gañando 27 escanos. O partido permaneceu na oposición ao novo goberno de Taavi Rõivas, que contaba co apoio do Partido Reformista Estoniano, o Partido Socialdemócrata e a Unión pola Patria e a Res Publica.
No outono de 2016, Savisaar dimitiu como líder do partido e Jüri Ratas foi elixido no seu lugar. En novembro de 2016, o Partido Socialdemócrata e a Unión pola Patria retiráronse da coalición gobernante e, xunto co Partido de Centro Estoniano, presentaron unha moción de censura contra o goberno. O 9 de novembro de 2016, o Riigikogu (Parlamento) aprobou a moción por 63 votos a favor e 28 en contra, e Rõivas que se viu obrigado a dimitir. En conversas posteriores de coalición, o Partido de Centro, o SDE e o IRL formaron unha nova coalición liderada polo líder do Partido de Centro, Jüri Ratas, e o novo goberno tomou posesión o 23 de novembro.
Eleccións parlamentarias de 2019 miniatura|Jüri Ratas. Nas eleccións de 2019, o Partido de Centro perdeu apoio, mentres que o opositor Partido Reformista Estoniano gañou terreo e gañou as eleccións. Despois das eleccións, o líder do Partido de Centro, Jüri Ratas, rexeitou unha oferta do Partido Reformista para conversas de coalición e entrou en conversas con Isamaa e EKRE. Este último era considerado, de xeito xeral, como un partido de extrema dereita e Ratas, durante a campaña electoral, descartara formar unha coalición con EKRE debido ás súas opinións hostís. Porén, a inclusión de EKRE nas conversas de coalición postelectorais recibiu críticas tanto a nivel local como internacional e, como consecuencia, nunha enquisa realizada pouco despois do comezo das conversas de coalición, o resultado amosaba que o partido de Jüri Ratas perdera aínda máis apoio.
Os críticos da decisión afirmaron que Ratas estaba disposto a sacrificar os valores do seu partido, a confianza dos seus votantes e a estabilidade e a reputación do país para manter o seu cargo como primeiro ministro. Ratas respondeu que o seu primeiro deber era atopar xeitos de incluír o seu partido no goberno para que puidese traballar en beneficio dos seus votantes, e que a coalición continuaría apoiando firmemente á UE e á OTAN e enviando mensaxes de tolerancia.
Algúns membros clave e candidatos populares do partido criticaron a decisión, e Raimond Kaljulaid dimitiu da xunta directiva do partido en protesta. Yana Toom, membro do partido e o seu representante no Parlamento Europeo, tamén criticou a decisión. Mihhail Kõlvart, popular entre os votantes de fala rusa, dixo que o Partido de Centro non podía gobernar coa estratexia de EKRE. O 5 de abril de 2019, Raimond Kaljulaid anunciou a súa decisión de dimitir do partido e ocupar o seu escano como membro independente do Parlamento.
Coalición de goberno (2021–2022) En xaneiro de 2021, tras a dimisión de Jüri Ratas como primeiro ministro, Kallas formou un goberno de coalición co Partido de Centro, converténdose na primeira muller primeira ministra de Estonia. Non obstante, o 3 de xuño de 2022, Kallas destituíu os sete ministros afiliados ao Partido de Centro, gobernando nun goberno minoritario ata que se formou unha nova coalición sen o Partido de Centro o 8 de xullo, mais incluíndo ao Partido Socialdemócrata e Isamaa.
Na oposición (2022–presente) miniatura|Mihhail Kõlvart.