O queixo Idiazabal (en ) é unha denominación de orixe protexida para unha variedade de queixo producido no País Vasco e en Navarra (agás nos concellos navarros do val de Roncal, que contan coa súa propia denominación de orixe «Queixo Roncal»). Entre outros requisitos, o queixo Idiazabal debe ser elaborado integramente con leite cru de ovella das razas latxa e carranzana.
En 1992 o queixo Idiazabal foi nomeado Produto Patrimonio Gastronómico Europeo polo Ministerio de Agricultura francés e en 1995 obtivo en Parma o primeiro premio ao Mellor Queixo Europeo de Ovella.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Idiazabal
Categoría:Gastronomía do País Vasco Categoría:Queixos de España