Imarhan é un grupo musical tuareg alxeriano formado en 2006, en Tamanrasset. Os seus primeiros tres álbums foron lanzados co selo discográfico alemán City Slang.

A banda está composta polo vocalista Iyad Moussa Ben Abderahmane (Sadam), o baixista Tahar Khaldi, os guitarristas Hicham Bouhasse e Abdelkader Ourzig e o percusionista Haiballah Akhamouk.

En 2026, celebraron o seu vixésimo aniversario regresando cun cuarto álbum, Essam, que significa "lóstrego" na lingua tamasheq, gravado no seu estudio Aboogie. A finais de 2025 fixeron unha xira por Europa que continuou cunha xira mundial en 2026.

Discografía

Álbums de estudio Imarhan (2016) Temet (2018) Aboogi (2022) Essam (2026)

Sinxelos "Tahabort" (2015) "Azzaman" (2017) "Ehad wa dagh" (2018)

Notas

Categoría:Grupos musicais formados en 2006 Categoría:Grupos musicais de Alxeria Categoría:Grupos musicais de blues do deserto