Isabel Steva Hernández, coñecida co alcume artístico de Colita, nada en Sant Cugat del Vallés (Barcelona), o 24 de agosto de 1940 e finada na mesma cidade o 31 de decembro de 2023, foi unha fotógrafa española, gañadora da Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 2021.

En marzo de 2024 o Círculo de Belas Artes de Madrid inaugurou a exposición Colita. Antifémina, comisariada por Francesc Polop. Recuperou as fotos que publicou no libro Antfémina, en 1977, e que despois foi censurado, con textos da escritora Maria Aurèlia Capmany. O libro considérase a primeira obra gráfica feminista española.

Notas

Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Nados en Sant Cugat del Vallès Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en 1940 Categoría:Fotógrafos de España