Nicanor (en grego antigo: Νικάνωρ, Nicánor) foi o sobriño e xenro de Aristóteles, ademais do seu executor testamentario.
Biografía Foi fillo de Próxeno de Atarneo e Arimnesta, a irmá de Aristóteles, sendo por tanto, sobriño do filósofo estaxirita.. Tamén virou no seu xenro despois da súa morte, como informa no testamento do filósofo segundo Dióxenes Laercio, tendo como esposa á súa filla Pitias a Nova. Nicanor tamén foi nomeado administrador do patrimonio da súa esposa, herdado do seu defunto pai, e o de Nicómaco, fillo de Aristóteles e a súa amante Herpilis, ata que este alcanzase a maioría de idade.. Nicanor morreu pouco tempo despois do matrimonio, sendo executado en 317 a. C. por Casandro. Teofrasto ficou ao cargo dos fillos de Aristóteles..
O feito de que Aristóteles menciona nos seus últimos desexos que os outros executores testamentarios deben coidar de Herpilis, Pitias a Nova e Nicómaco "ata o regreso de Nicanor" indica que este non se atopaba en Calcis no momento do falecemento do filósofo..
Algúns estudosos identifícano co funcionario macedonio Nicanor, mais outros afirman que son dous individuos diferentes..
Notas
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido