Sander vitreus (sinónimo Stizostedion vitreum), é unha especie de peixe de auga doce perciforme nativo da maior parte do Canadá e dos Estados Unidos. É o parente próximo norteamericano da lucioperca europea (chamada zander en alemán, de onde vén o nome do xénero). Un morfo de cor seu (Sander vitreus var. glaucus) do sur de Ontario e Quebec pénsase que xa se extinguiu. Porén, recentes análises xenéticas dese morfo conservado conxelado suxiren que ambos eran simplemente fenotipos do mesmo taxon e que non merecen clasificación por separado.

A especie mostra bastantes variacións entre as distintas cuncas fluviais e lacustres. En xeral, os peixes dunha determinada cunca son bastante similares e xeneticamente distintos aos de cuncas veciñas. A especie foi propagada artificialmente durante un século e transplantada sobre outras poboacións existentes ou introducida en augas que estaban desprovistas de especies de forma natural, ás veces reducindo a distinción xenética global entre poboacións.

Ollos miniatura|287px|Sander vitreus. Ten uns ollos de brillo perlado causado pola reflexión do seu tapetum lucidum que, ademais de permitirlle ver ben en condicións de pouca luz, dálle aos ollos unha aparencia opaca. A isto débese o principal nome local que ten en inglés, walleye. Tamén o epíteto do seu nome científico, vitreus, fai referencia á aparencia dos seus ollos. A súa visión afecta o seu comportamento. Evitan a luz brillante e aliméntanse con pouca luz de peixes que non poden ver nesas condicións tan ben coma o fai el. Moitos pescadores van pescalos de noite porque é cando o animal é máis activo alimentándose. Os ollos do peixe tamén lle permiten ver ben en augas avoltas, o que lle dá vantaxe sobre as súas presas. Así, os pescadores de cana adoitan buscar lugares con augas turbias. A súa visión facilita que o peixe poboe as rexións máis profundas dun lago, e poden a miúdo atoparse nesas augas, especialmente durante o período máis cálido do verán e de noite.

Descrición O seu corpo é de cor oliva e dourado. A parte dorsal é oliva, e cambia gradualmente a tons dourado nos flancos. O padrón oliva/dourado queda roto por cinco escadas máis escuras que se estenden polos lados superiores. A cor pasa a tons brancos na barriga. A boca é grande e está armada de dentes agudos. As primeiras aletas dorsal e anal son espiñentas, como tamén o opérculo. Distínguense do seu parente próximo o Sander canadensis pola coloración branca do lobo inferior da aleta caudal, que está ausente en S. canadensis. Ademais, as dúas aletas dorsais e a caudal de S. canadensis están marcadas por unhas filas distintivas de pintas negras que están ausentes ou mal definidas nas mesmas aletas do S. vitreus.

Lonxitude e peso miniatura|287px|Peso e lonxitude do S. vitreus.

Crecen normalmente ata uns 80 cm de longo, e chegan a un peso duns 9 kg. O tamaño máximo rexistrado foi de 107 cm de longo e os 13 kg de peso. A velocidade do crecemento depende parcialmente da zona xeográfica, e as poboacións do sur adoitan crecer máis rápido e ata maiores tamaños. En xeral, as femias crecen máis que os machos. Poden vivir décadas; e a idade máxima rexistrada foi de 29 anos. Porén, en poboacións sometidas a intensa pesca poucos chegan a ter máis de seis anos. En América do Norte, onde son moi apreciados, o tamaño típico das capturas é da orde de 30 a 50 cm, substancialmente por debaixo do seu tamaño potencial.

A medida que medran, aumentan de peso. As relacións entre a lonxitude total (L) e o peso total (W) de case todas as especies de peixes poden expresarse por unha ecuación da forma

Invariablemente, b = 3,180 e c = 0,000005337 (coas unidades en cm e kg).

Estas relacións suxiren que un S. vitreus de 50 cm pesará uns 1,5 kg, mentres que outro de 60 cm probablemente pesará uns 2,5 kg.

Dinámica das poboacións A Garrison Dam National Fish Hatchery (GDNFH) no encoro Garrison, Dacota do Norte, é a maior criadeiro para esta especie do mundo. Aínda que teñen unha gran demanda para a pesca e consumo en Dacota do Norte, noutras partes son considerados un problema. Por esa razón a GDNFH está tamén investigando o control poboacional hormonal para proporcionar opcións de control noutras áreas.

Reprodución miniatura|Cría de S. vitreus.

Na maioría da área de distribución da especie, o macho madura sexualmente entre os tres e os catro anos de idade. As femias adoitan madurar aproximadamente un ano máis tarde. Os adultos migran a ríos afluentes ao final do inverno ou inicios da primavera para poñeren ovos sobre grava e rochas, aínda que tamén se ven desovas nos bancos de area e arrecifes de augas abertas. Algunhas poboacións desovan na area ou en vexetación. A desova ocorre a temperaturas da auga de 6 a 10 °C. Unha femia grande pode poñer ata 500.000 ovos, e os pais non coidan os ovos nin as crías. Os ovos son algo pegañentos e caen nos espazos entre as rochas. O período de incubación dos embrións é dependente da temperatura, pero xeralmente dura de 12 a 30 días. Despois da eclosión, os embrións nadan libremente e tardan unha semana en absorberen a cantidade relativamente pequena de xema que teñen. Unha vez que a xema se consumiu totalmente, as crías empezan a alimentarse de invertebrados, como larvas de moscas e zooplancto. Despois de 40 a 60 días, os xoves peixes empezan a facerse piscívoros. De alí en adiante, tanto os xoves coma os adultos comen peixes case exclusivamente, frecuentemente Perca flavescens ou Coregonus, desprazándose a barras e baixíos de area de noite para se alimentaren. Tamén se alimenta abundantemente de cangrexos, leuciscinos e samesugas.

Taxonomía

Esta especie pertence ao clado norteamericano do xénero Sander, xunto co S. canadensis. A especie foi descrita por primeira vez formalmente polo naturalista norteamericano Samuel Latham Mitchill (1764–1831) dando como localidade tipo o lago Cayuga preto de Ithaca, Nova York. Eschmeyer, William N.; Fricke, Ron & van der Laan, Richard (eds.). "Perca vitrea". Catalog of Fishes. California Academy of Sciences. Consultado o 16 de setembro de 2020. Hubbs describiu un taxon chamado S. glaucus (blue waleye) dos Grandes Lagos pero os posteriores traballos taxonómicos mostraron que non había diferenzas consistentes entre esta forma e a normal (yellow walleye), polo que S. glaucus é agora considerado sinónimo e unha variante de cor desta especie.

Como alimento

miniatura|Cociñando este peixe ao lume. É considerado un peixe de auga doce bastante saboroso, e consecuentemente, péscase por deporte e comercialmente como alimento. Debido aos seus hábitos alimenticios nocturnos, captúrase máis facilmente de noite usando como isco leuciscinos vivos ou iscos artificiais que imitan peixes pequenos. A maioría das pesquerías comerciais deste peixe están situadas nas augas canadenses dos Grandes Lagos, Consultado o 25 de abril de 2022. Seafood Source e fritido considérase unha alimento habitual da cociña canadense. Consultado o 25 de abril de 2022. Cook Me Consultado o 25 de abril de 2022. All Recipes En Minnesota adoita pescarse a finais do mediodía en días ventosos (o que se coñece alí como "walleye chop") ou pola noite. A miúdo sérvese en sándwich en pubs de Minnesota onde o peixe é moi popular, e este peixe fritido en abundante aceite nun pau é un alimento típico da Feira do Estado de Minnesota. Este peixe fritido é unha comida popular no Canadá e Minnesota.

Pesca Como os pescadores de cana son moi afeccionados á pesca do S. vitreus, esta está regulada pola maioría das axencias que xestionan os recursos naturais, por medio de cotas de pesca e límite de lonxitude das capturas para asegurar que as poboacións non son sobreexplotadas. Por exemplo, en Michigan os espécimes de menos de 38 cm non poden pescarse legalmente.

Como este peixe ten unha excelente agudeza visual con baixa iluminación, adoitan alimentarse máis activamente ao amencer e ao solpor, en días nubrados ou cubertos, e en condicións de augas axitadas cando a penetración da luz na columna de auga está dificultada. Aínda que os pescadores de cana interpretan isto como unha evitación da luz polo animal, trátase simplemente do aproveitamento da vantaxe competitiva que teñen sobre as súas presas nesas condicións. De xeito similar, en augas escuras ou turbias, tenden a alimentarse polo día. Na primavera e outono, localízanse preto de áreas pouco profundas debido a que os terreos de desova están situados a miúdo nesas áreas durante os períodos de ventos máis fortes debido á auga máis avolta e máis oxixenada que hai a profundidades de 1,8 m.Joe Fellegy Jr., Walleyes and Walleye Fishing (Dillon Press, 1974), 57–58 Nos días calmos de primavera, localízanse máis frecuentemente no lado profundo do talude da costa e arredor das pendentes da costa a profundidades de 3 m ou máis.Fellegy, 60

Como resultado da súa estendida presenza no Canadá e norte dos Estados Unidos, son capturados frecuentemente na pesca no xeo, un pasatempo popular nesas rexións.

"Walleye chop" (~augas picadas de walleye) é un termo usado polos pescadores de cana para denominar as augas axitadas xeralmente con condicións de vento de 10 a 25 km/h, e é un dos indicadores para unha boa pesca do S. vitreus (walleye) debido a que o animal incrementa a actividade de busca de alimento nesas condicións. Ademais de pescar en augas picadas, a pesca nocturna con isco vivo pode ser moi efectiva.

A mellor marca actual en todas as modalidades de pesca desta especie foi a dun exemplar de 11,34 kg pescado no lago Old Hickory de Tennessee en 1960.

Aspectos culturais

miniatura|200px|Estatua do peixe en lago Mille Lacs en Garrison, Minnesota. Este peixe é un alimento culturalmente significativo no medioeste superior dos Estados Unidos.Makenzie Huber, Why walleye? How this flaky fish became a South Dakota food favorite, Argus Leader (28 de agosto de 2019). É popular en Minnesota; e o parlamento do estado declarouno peixe oficial do estado en 1965. Tres cidades —Garrison, Minnesota, Baudette, Minnesota e Garrison, Dacota do Norte— afirman cada unha ser a "capital do mundo do walleye" e erixiuse unha gran estatua deste peixe en cada unha das cidades."Walleyed War of the Walleye Capitals". RoadsideAmerica.com. Doug Kirby, Ken Smith, Mike Wilkins. Tamén foi declarado oficialmente "peixe de augas cálidas do estado" en Vermont en 2012. (nese estado o "peixe de augas frías do estado" é Salvelinus fontinalis.)Vermont No. 82 of 2012.

Dacota do Sur designou o S. viteus como peixe oficial do estado en 1982. Aínda que o peixe é nativo en Dacota do Sur, xa que vive nos encoros do río Missouri e nos lagos glaciais do leste do estado, só se fixo unha comida popular alí nas décadas de 1970 e 1980, cando o circuíto do torneo de pesca promoveu o peixe e fixo concursos da súa pesca no estado.

No Canadá é o peixe provincial oficial de Manitoba. A cidade de Winnipeg, Manitoba, considérao o seu peixe local máis importante. Pescadores islandeses no lago Winnipeg encargábanse tradicionalmente de fornecer deste peixe os mercados de Winnipeg. Tamén é o peixe provincial de Saskatchewan desde 2015.Michael Snook, Fishing Saskatchewan: An Angler's Guide to Provincial Waters (University of Regina Press: 2004), pp. 101–103. A mellor marca da International Underwater Spearfishing Association de pesca con arpón é a dun exemplar de 6,0 kg capturado en 2014 no río South Saskatchewan ao norte do lago Diefenbaker.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Small 2010 Lake Erie walleye hatch predicted Ultimate guide for catching walleye

Categoría:Pércidos Categoría:Animais descritos en 1818 Categoría:Peixes de América do Norte