Güepsa é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Santander. Limita polo norte cos concellos de San Benito e Chipatá, polo leste con San José de Pare (Boyacá), co río Suárez polo medio, polo oeste con Chipatá e Vélez e polo sur con Barbosa. Atópase a 204 km de Bucaramanga, capital do departamento. O seu territorio, de aproximadamente 3.254,5 hectáreas está dividido política e administrativamente en 7 sectores rurais chamados vereas e a cabeceira municipal abrangue unha área de 54.24 hectáreas. Segundo o censo de 2015, tiña unha poboación de 3.849 habitantes.

Notas

Categoría:Concellos de Santander, Colombia