Enric Gallego Puigsech, nado en Barcelona o 12 de setembro de 1986, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Tenerife, da Segunda División.
Traxectoria Formado como futbolista nas canteiras do Bon Pastor, o Gramenet e o Badalona, militou en varios clubs modestos, ao tempo que traballaba en diferentes oficios como os de camioneiro, albanel ou instalador de aire acondicionado.
En xuño de 2009 debutou na Segunda División B nas filas do Espanyol B e nos seguintes anos pasou polo Cornellà, o Badalona, o Olot e o Extremadura, logrando con este último o ascenso á Segunda División. En 2018 fichou polo Huesca, da Primeira División e nas seguintes campañas xogou tamén na máxima categoría nas filas de Getafe e Osasuna. En 2021 fichou polo Tenerife, de Segunda.
Notas
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores da UE Cornellà Categoría:Xogadores do CF Badalona Categoría:Xogadores da UE Olot Categoría:Xogadores do Extremadura UD Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do CD Tenerife