Ovidio Leiva Pereiro, nado en Santiso o 12 de novembro de 1956, é un político e empresario galego.
Traxectoria Empresario do sector da madeira. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Santiso e foi elixido concelleiro. Volveu encabeza-la candidatura socialista nas seguintes eleccións de 1987, 1991 e 1995. Nas municipais de 1999 deulle o relevo a Inés Cagide Val como candidata do PSdeG e ocupou o posto número 3 da candidatura, se ben non resultou elixido.
Nas municipais de 2003 encabezou a Candidatura de Independentes de Santiso (CIS) e foi elixido concelleiro. Volveu ser cabeza de lista de CIS nas municipais de 2007 e foi elixido alcalde grazas ao apoio de 3 concelleiros díscolos do PPdeGEl PP expedientará a tres ediles de Santiso por apoyar al nuevo alcalde, se ben nun principio chegara a un acordo co PSdeG e co BNG para logra-la alcaldíaSocialistas y nacionalistas apoyarán a Ovidio Leiva como regidor de Santiso.
Nas municipais de 2011 presentouse como candidato á alcaldía polo PPdeG«Santiso, co PP, vai recibir máis apoio da Xunta» logrando se-la forza máis votada, a un concelleiro da maioría absoluta. Porén, perdeu a alcaldía logo de que BNG, PSdeG e Independentes por Santiso alcanzasen un pacto de gobernoSuscrito el pacto de Santiso que arrebata la alcaldía al PP. Nas municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura do PPdeG sen conseguir recupera-la alcaldía, dado que o BNG conseguiu se-la forza máis votada e continuou gobernando cos socialistas. Non concorreu ás eleccións de 2019 e retirouse da primeira liña política.
Sendo alcalde fíxose cargo da presidencia do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla-Tambre-Mandeo, que inclúe os concellos das comarcas de Melide e Arzúa. Continuou como presidente do GDR logo de abandona-la alcaldía, ata o ano 2019.
Vida persoal Está casado e ten 5 fillos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Santiso
Categoría:Alcaldes de Santiso Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Santiso Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes