Neoterio Antón Ortiz, nado en Mota del Marqués (Valladolid) o 8 de setembro de 1897 e finado en novembro de 1992, foi un mestre, xornalista e político español.

Traxectoria Na súa época de estudante militou nas Juventudes Mauristas de Zamora. Mestre de Pinza, colaborou en Heraldo de Zamora, La Provincia, El Pueblo Gallego, Galicia e Vida Gallega.El Pueblo Gallego, 14-7-1928, p. 2.La Provincia, 4-10-1927, p. 3. En 1935 foi nomeado mestre de Mourisca.Galicia, 11-7-1935, p. 3. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse en Ourense o día 21 ante os militares e os falanxistas, regresando a Viana do Bolo para crear a Falange da que foi secretario local e xefe accidental, cometendo varias irregularidades. Participou no mitin falanxista de Viana do Bolo o 3 de xaneiro de 1937, e o 14 do mesmo mes saíu para a fronte coa Bandeira ourensá de Falange permanecendo en primeira liña once meses. Foi nomeado alcalde de Viana do Bolo en 1950. Foi deputado provincial. Foi xefe local do Movimiento ata maio de 1957.El Pueblo Gallego, 17-5-1957, p. 11.

Vida persoal

Casou con Maruja López en xuño de 1929.El Pueblo Gallego, 26-6-1929, p. 11. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de España Categoría:Xornalistas de España Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Viana do Bolo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en Mota del Marqués Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1992