Moeda de 2½ cents daocupación alemá dos Países Baixos "2½ Cents - German Occupation". Numista.com120x120px120x120px A/: Xanela redonda típica das granxas frisoas para a entrada dos bufos nos celeiros, flanqueada por dous cisnes estilizados. Lenda: NEDERLAND. R/: Castro ondas e unha espiga á dereita. Data nunha fita. Valor facial. Marca de ceca no exergo. Lendas: 2½ CENTS Datas: 1941-1942. Período: Ocupación alemá dos Países Baixos (1940-1945) Ceca: Real Casa da Moeda dos Países Baixos. Deseñador: Nico de Haas. Metal: cinc. Diámetro: 20 mm. Peso: 2,8 g. Espesor: 1,60 mm. Canto: liso.

A moeda de 2½ cents dos Países Baixos emitida entre os anos 1941 e 1943 é unha moeda con ese valor facial, cuñada no período de ocupación da Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial.

Caracterización A moeda cuñouse en cinc nos anos 1941 e 1942 na Real Casa da Moeda dos Países Baixos, co valor da corentaava parte do florín neerlandés.

.A moeda forma parte dunha serie que abrangue tamén as pezas dun cent, 5 cents, 10 cents e 25 cents, todas elas cuñadas no mesmo metal e baixo o deseño do artista nacional-socialista local Nico de Haas."Nico de Haas". De Nederlandse Poëzie Encyclopedie (nederlandsepoezie.org).

A súa tiraxe total foi de 27,8 millóns de exemplares, coa seguinte repartición:

1941: 27.600.000 pezas. 1942: 200.000 pezas (a maioría delas non entraron en circulación e foron refundidas).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Krause, C. L.; Mishler, C. (1972). World Coins. 1ª ed. Crause Publications. Páxina 504.

Categoría:Moedas dos Países Baixos Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas divisionarias