miniatura|260x260px| St Michael's Mount, un candidato a ser IctisIctis, ou Iktin,No texto grego de Diodoro o nome aparece, no caso acusativo, como "Iktin", polo que os tradutores inferiron que a forma nominativa do nome era "Iktis", converténdoo na lingua franca medieval do latín (que só raramente utilizou a letra 'k') como "Ictis". Non obstante, algúns comentaristas dubidan de que "Ictis" sexa correcto e prefiren "Iktin". é ou foi unha illaProbabelmente unha illa de marea, descrita como unha illa situada fronte á costa dos distritos de estaño, e, coa marea baixa, converténdose nunha península, onde se transportaba o estaño en vagóns. descrita como un centro do comercio de estaño na Bibliotheca historica do historiador siciliano-grego Diodoro Sículo, do século I a. C.Gavin de Beer, "Iktin", en The Geographical Journal vol. 126 (xuño de 1960) pp. 160–167, páx. 162

Aínda que se acepta amplamente que Ictis foi unha illa nalgún lugar da costa sur de Gran Bretaña, os estudosos seguen a debater sobre a súa localización precisa. Os candidatos inclúen St Michael's Mount e a illa Looe fronte á costa de Cornualla, a península de Mount Batten en Devon e a illa de Wight máis ao leste.Con todo, é probábel que se dese unha confusión co termo, que se parece sospeitosamente a Vectis, etimoloxía do topónimo Wight, sendo as condicións físicas diferentes.

Outra hipótese é que o nome "Ictis" poida ter sido aplicado a diferentes illas na costa británica en distintos momentos, dependendo dos patróns de comercio, descubrimentos de minas e a evolución do coñecemento xeográfico, tal como aconteceu coas Casitérides, que foron situadas primeiro na Gallaecia prerromana, logo en Bretaña e despois en Gran Bretaña.

Fontes primarias miniatura| A Illa de Wight, outra candidata para Ictis.|260x260px Diodoro Sículo, no século I a. C., suponse que para o seu relato da xeografía de Gran Bretaña se baseou nunha obra perdida de Pytheas, un xeógrafo grego de Masalia que fixo unha viaxe pola costa británica preto do final do s. IV a. C., buscando a fonte do ámbar. O rexistro da viaxe perdeuse na antigüidade pero era coñecido por algúns escritores posteriores, entre eles Timeo, Posidonio e Plinio o Vello. O seu traballo é contraditorio, pero a partir del pódense facer deducións sobre o relatado por Pytheas. Isto "representa todo o que se sabía sobre o comercio do estaño no antigo mundo clásico".

Diodoro dá un relato que xeralmente se supón que é unha descrición do traballo do estaño de Cornualla aproximadamente na época da viaxe de Pytheas. El di:

No libro IV da súa Historia Natural, Plinio cita Timeo e refírese a " insulam Mictim " (a illa de Mictis, ou quizais de Mictim):

Suxeriuse que "insulam Mictim" foi un erro de copia de insulam Ictim, e Diodoro e Plinio probabelmente se basearon na mesma fonte primaria. Non obstante, aínda que é posible que "Mictim" e "Iktin" sexan o mesmo, tamén é posible que sexan lugares diferentes. A palabra "dentro" (introrsus) pódese interpretar como "cara a nosa casa", e a seis días de navegación de Gran Bretaña poderíase levar un barco a algún lugar da costa atlántica no que hoxe é Francia.

Estrabón, un contemporáneo de Diodoro, afirmou na súa Geography que o estaño británico foi enviado desde Massalia, na costa mediterránea da Galia.Geographica de Estrabón, Libro III, 2.9

Xulio César, no seu De Bello Gallico, di dos vénetos:

Debate miniatura|260x260px| Looe, outra illa proposta como IctisWilliam Camden, un historiador da Era isabelina, considerou que o nome "Ictis" era tan semellante a "Vectis", o nome latino da illa de Wight, que probabelmente ambos eran a mesma illa. O anticuario córnico William Borlase (1696–1772) suxeriu que Ictis debeu estar preto da costa de Cornualla e podería ser un nome xeral para unha península alí.

En 1960, Gavin de Beer concluíu que o lugar máis probábel de Iktin (a forma do nome que prefería) era o monte de San Miguel, unha illa de mareas preto da cidade de Marazion en Cornualla. Ademais do efecto da marea consistente co que di Diodoro, de Beer considerou os outros beneficios do monte de San Miguel para os británicos. Esta identificación está apoiada polo sitio web de Roman Britain.

En 1972, I. S. Maxwell sopesou as reivindicacións en competencia de non menos de doce sitios posíbeis. En 1983, despois das escavacións, o arqueólogo Barry W. Cunliffe propuxo a península de Mount Batten preto de Plymouth como lugar de Ictis. Preto da desembocadura do río Erme, non moi lonxe, hai un xacemento dun naufraxio con lingotes de estaño antigo, o que indica un comercio ao longo da costa, aínda que datar o xacemento é difícil e pode non pertencer á Idade de Bronce.

A valoración de Miranda Aldhouse-Green en The Celtic World (1996) foi esta:

Notas

Véxase tamén

Biblioteca

Gavin de Beer, 'Iktin', en The Geographical Journal vol. 126 (xuño de 1960) IS Maxwell, 'The location of Ictis' en Journal of the Royal Institution of Cornwall 6 (4) (1972) Barry W. Cunliffe, 'Ictis: Is it here?' en Oxford Journal of Archaeology, vol. 2, número 1 (marzo de 1983) John Taylor, Albion: the earliest history (Dublín, 2016) S. Mitchell, Cornish Tin, Julius Caesar, and the invasion of Britain (1983) Christopher FC Hawkes, 'Ictis disentangled and the British tin trade' en Oxford Journal of Archaeology, 3 (1984), pp. 211–233 RD Penhallurick, Tin in Antiquity (Londres, 1986)

Outros artigos

Britania Casitérides Estaño Illas británicas As Médulas Minaría

Categoría:Grecia antiga Categoría:Illas do Reino Unido Categoría:Minaría Categoría:Estaño