Flaminio Bertoni, nado o 10 de xaneiro de 1903 en Masnago, Italia e finado en París o 7 de febreiro de 1964, foi un deseñador de automóbiles italiano.
Traxectoria Antes de traballar no deseño industrial, Bertoni foi escultor. Traballando en Citroën durante décadas, Bertoni deseñou o Traction Avant (1934), 2CV, a Citroën H, o DS e o Citroën Ami. O DS foi a miúdo exposto en vitrinas de deseño industrial, como a exposición da Trienal de Milán de 1957, e inspirou ao deseñador francés Henri Chapron, que produciu versións cupé e cabriolé do DS.
En 1961, o ministro francés de cultura entregou a Bertoni o prestixioso premio Order des Arts et des Lettres. A provincia de Varese dedicoulle un museo á súa memoria, inaugurado en maio de 2007. Dende 2016 o museo está situado no Parque Volandia.
Notas
Categoría:Deseñadores de Italia Categoría:Deseñadores industriais Categoría:Nados na provincia de Varese Categoría:Finados en 1964 Categoría:Nados en 1903 Categoría:Citroën