miniatura|Coccyzus americanus - MHNT O papaeirugas de ás vermellas ou papaeirugas de alas vermellas (Coccyzus americanus) é unha especie de ave cuculiforme, pertencente á familia dos cucúlidos que vive en América.
Descrición Os adultos teñen a cola longa. Son de cor marrón pola parte de riba e branca pola de baixo. Posúen un bico curvo de cor amarela e un anel tamén amarelo ao redor dos ollos. Cando voan vense as súas ás ferruxentas. Os individuos novos son parecidos, pero a cor negra da medula inferior é substituída polo gris. Mide entre 26 e 30 cm de longo e entre 38 e 43 cm de envergadura. Pesan arredor de 55 e 65 g.
Distribución O papaeirugas de ás vermellas está amplamente distribuído por América. Cría en América do Norte, as Antillas Maiores e a península de Iucatán e migra no inverno a América do Sur.
Comportamento A diferenzas doutras especies de cucos, esta non parasita os niños doutras aves, xa que constrúe o seu propio niño.
Galería
Notas
Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Aves de América