miniatura|Chlamydotis undulata - MHNT A hubara moura (Chlamydotis undulata) é unha especie de ave dos otídidos da familia Otididae plenamente adaptada a vivir en estepas e desertos de África. Atópanse desde as illas Canarias até a península do Sinaí. Subespecies Coñécense dúas subespecies de Chlamydotis undulata:

Chlamydotis undulata fuertaventurae - Illas Canarias Chlamydotis undulata undulata - norte de África (de Marrocos ao oeste do val do Nilo)

As subespecies asiáticas son consideradas unha especie á parte, a hubara oriental (Chlamydotis macqueenii).

A hubara das Canarias As hubaras das Canarias só se atopan nas illas de Lanzarote, La Graciosa e Fuerteventura (onde son coñecidas como avutardas). Forman unha subespecie á parte (Chlamydotis undulata fuertaventurae). É unha das aves da Unión Europea en maior perigo de extinción, xa que quedan menos de 800 exemplares.

No pasado, a hubara tamén habitou as illas de Tenerife e Gran Canaria, pero posteriormente extinguiuse. En España atópase catalogada como en perigo de extinción segundo o último Catálogo Nacional de Especies Ameazadas (CNEA).

A hubara considérase, segundo unha lei do Goberno das Canarias, o símbolo natural da illa de Fuerteventura, conxuntamente co Euphorbia handiensis.

A poboación máis próxima á canaria atópase en Marrocos, algúns de cuxos exemplares poden observarse no Parque nacional de Souss-Massa.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Aves de África