Ao outro lado da lei (en ) é un filme canadense-estadounidense de 2018 escrito e dirixido por S. Craig Zahler. Está protagonizado por Mel Gibson, Vince Vaughn, Tory Kittles, Michael Jai White, Jennifer Carpenter, Laurie Holden, Fred Melamed, Thomas Kretschmann e Don Johnson. A historia segue a dous detectives da policía que son suspendidos por brutalidade policial que, nunha necesidade desesperada de cartos, vense envoltos nun roubo cometido por un ladrón profesional.

Zahler comezou a traballar en Ao outro lado da lei xusto despois de rematar o seu filme anterior, Pelexa no bloque 99, tamén protagonizado por Vaughn, Carpenter, Johnson e Kier. Vaughn recomendoulle a Zahler traballar con Gibson, con quen traballou anteriormente en Hacksaw Ridge, e Gibson aceptou protagonizar o filme. A rodaxe tivo lugar en Vancouver entre xullo e setembro de 2017 cun orzamento de produción de 15 millóns de dólares.

Estreouse en galego o 30 de outubro de 2024 a través da TVG.

Personaxes

Mel Gibson como Detective Brett Ridgeman Vince Vaughn como Detective Anthony Lurasetti Tory Kittles como Henry Johns Michael Jai White como "Biscuit" Jennifer Carpenter como Kelly Summer Laurie Holden como Melanie Ridgeman Fred Melamed como Mr. Edmington Udo Kier como Friedrich Tattiawna Jones como Denise Justine Warrington como Cheryl Jordyn Ashley Olson como Sara Ridgeman Liannet Borrego como Rosalinda Myles Truitt como Ethan Johns Vanessa Bell Calloway como Jennifer Johns Noel G. como Vasquez Primo Allon como Black Gloves Matthew MacCaull como Grey Gloves Thomas Kretschmann como Lorentz Vogelmann Don Johnson como Tenente Calvert Richard Newman como Feinbaum

Notas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por S. Craig Zahler Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes de 2018 con versión en galego