Journey to Bethlehem é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Adam Anders, no seu debut como director de longametraxes. Escrito por Anders e Peter Barsocchini, está protagonizado por Milo Manheim e Fiona Palomo como Xosé e María, e con Antonio Banderas como o rei Herodes.

Sinopse María é unha moza que leva unha responsabilidade inimaxinable, Xosé é un mozo dividido entre o amor e a honra e Herodes un rei que non se deterá ante nada para manter a súa coroa. Esta celebración musical tece melodías clásicas de Nadal con novas cancións pop nun relato musicado da historia atemporal de María, Xosé e o nacemento de Xesús de Nazaret.

Personaxes

Fiona Palomo como María Milo Manheim como Xosé Lecrae como Arcanxo Gabriel Joel Smallbone como Antípatro Antonio Banderas como Herodes Antonio Cantos como Xoaquín Moriah Peters como Deborah Stephanie Gil como Rebekah Rizwan Manji como Gaspar Geno Segers como Baltasar Omid Djalili como Melchor

Notas

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Alacant