O pidgin massachusett ou xerga massachusett foi un pidgin ou lingua auxiliar derivada da lingua massachusett. O seu uso está testemuñado dende os primeiros rexistros coloniais até mediados do século XVIII.Thomason, S. G. (1997). Contact Languages: A Wider Perspective. (p. 95). Philadelphia, PA: John Benjamins Publishing.. Sábese pouco sobre a lingua, mais compartía un sistema gramatical moi simplificado, con moitas características semellantes ao pidgin delaware, mellor testemuñado e que se falou nas concas hidrográficas dos ríos Hudson e Delaware.Campbell, L. (p. 20). American Indian Languages: The Historical Linguistics of Native America. New York, NY: Oxford University Press.Goddard, I. (2000). 'The Use of Pidgins and Jargons on the East Coast of North America' in The Language Encounter in the Americas, 1492-1800: A Collection of Essays Gray, E. G. and Fiering, N. (eds). (pp. 74-75). Nova York, NY: Bergahn Books. Era mutuamente intelixible coas outras linguas algonquinas do sur de Nova Inglaterra.Bailey, R. W. (2012). Speaking American: A History of English in the United States. (pp. 33-34). Nova York, NY: Oxford University Press.
Características gramaticais Do mesmo xeito ca o pidgin delaware, os verbos en pidgin massachusett simplifícanse nas formas inanimadas. Por exemplo, crese que Massasoit lle dixo a Winslow no seu leito de morte: (), 'Oh Winslow, nunca te volverei ver' mais literalmente dixo 'Nunca volverei ver a Winslow'. Na lingua estándar massachusetts, o verbo sería (),Fermino, J. L. D. (2000). p. 51. un verbo animado transitivo, 'Eu vexo (a alguén)' ou máis directamente () , 'Véxote,' en oposición a (),Fermino, J. L. D. (2000). p. 48. o inanimado transitivo 'vexo iso'. A simplificación de todos os verbos a formas inanimadas fixo necesaria a incorporación de pronomes para aclarar o significado en oposición ás linguas algonquinas estándar que teñen a información pronominal codificada na declinación verbal.Goodard, I. (2000). p. 72.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pidgin delaware
Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base nativa americana Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América