O pidgin inglés-massachusett foi un pidgin ou lingua de contacto baseada no inglés que se desenvolveu no século XVII en Nova Inglaterra e Long Island, particularmente no leste de Massachusetts,Bailey, R. W. (2012). Speaking American: A History of English in the United States. (pp. 33-34). Nova York, NY: Oxford University Press. como medio de comunicación entre os falantes nativos de linguas algonquinas e os colonos ingleses que empezaron a asentarse nas áreas litorais na década de 1620.Campbell, L. (2000). American Indian Languages: The Historical Linguistics of Native America. Nova York, NY: Oxford University Press. p. 20. O uso do pidgin inglés-massachusett coexistiu nas comunidades de fala massachusett cos seus dialectos orixinais, así como co pidgin massachusett, outra lingua de contacto que estaba baseada no massachusett. A diferenza do pidgin massachusett, que foi confundido coa lingua massachusett polos colonos ingleses, a documentación do inglés-massachusett é bastante numerosa. Como poucos dos colonos podían ou estaban dispostos a dominar a lingua massachusett ou a súa variedade pidgin, os que comerciaban e vivían directamente ao lado das aldeas indias comunicáronse neste pidgin inglés.Bragdon, K. J. (1981). 'Linguistic acculturation in Massachusett: 1663-1771' in Papers of the 12th Algonquian Conference. Cowan, W. (ed.) Ottawa, ON: Carleton University. O uso do inglés-massachusett suplantou o uso do pidgin massachusett e probablemente mesmo superou a lingua nativa na comunidade. Nun proceso susceptible de descrioulización, os falantes do pidgin inglés-massachusett comezaron a axustar a súa lingua ao inglés dos seus veciños, e dende o século XIX,Thomason, S. G. (1997). Contact Languages: A Wider Perspective. (p. 95). Philadelphia, PA: John Benjamins Publishing. todos os descendentes dos pobos de fala massachusett foron falantes monolingües de inglés.Speck, F. G. (1928). Territorial Subdivisions and Boundaries of the Wampanoag, Massachusett and Nauset Indians. Frank Hodge (ed). Lancaster, PA: Lancaster Press. p. 46.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base inglesa Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América