Billete de 100.000 dólares "100 000 Dollars Gold Certificate". Numista.com"100.000 Dollars". Banknote.sw"100,000 Dollars, Gold Certificate, United States, 1934". National Museum of American History (americanhistory.si.edu).360x360pxBillete de 1000.000 euros (1934) co número de serie A00000001AColección Numismática Nacional dos EEUU(Museo Nacional de Historia Americana)A/: Busto do presidente Woodrow Wilson. Cor gris.R/: Valor facial no centro, sobre o símbolo do dólar. Cor laranxa. Data: 1934-1935 Emisor: Goberno dos EEUU. Tipo: certificado de ouro. Impresor: Bureau of Engraving and Printing. Papel: 75 % algodón, 25 % liño. Gravador: G. F. Cumming Smillie (retrato do anverso). Largo: 157 mm. Alto: 66 mm. Tiraxe: ca. 42.000 exemplares.

O billete de 100.000 dólares estadounidenses é un billete dos Estados Unidos con ese valor facial emitido entre 1934 e 1935.

Este billete, caracterizado pola presenza dun retrato do presidente Woodrow Wilson no seu anverso, non se concibiu como un billete de curso legal para a circulación ordinaria, senón que estaba destinado ás transaccións de ouro entre os bancos da Reserva Federal, e a súa posesión privada é ilegal."6 Discontinued and Uncommon U.S. Currency Denominations6 Discontinued and Uncommon U.S. Currency Denominations". Investopedia.com"$100,000 Bill ". Museum of American Finance (MOAF.org).

O billete de máis alto valor nominal de curso legal ordinario nos Estados Unidos foi o de 10.000 dólares.

Historia

O billete de 100.000 dólares foi creado pola Oficina de Gravado e Impresión dos Estados Unidos baixo a orde do presidente Franklin D. Roosevelt, en resposta ao acaparamento de ouro producido durante a Gran Depresión, que se consideraba que estaba a frear o crecemento económico. A Orde executiva 6102, asinada por Roosevelt e ratificada polo Congreso dos Estados Unidos en 1934, prohibiu o atesouramento de certificados de ouro, así como de lingotes e moedas deste metal."Government Confiscation of Gold:Understanding the Facts". United States Gold Bureau (USgoldbureau.com).

De xeito diferente a outros billetes en dólares estadounidenses, o de 100.000 dólares nunca chegou a emitirse como billete da Reserva Federal —tamén coñecido como billete verde—; só se emitiu en forma de certificado de ouro.

Imprimíronse arredor de 42.000 exemplares do billete de 100.000 dólares, aínda que moitos deles foron destruídos nos anos seguintes á súa posta en circulación, e os poucos restantes ficaron en mans do Goberno federal dos Estados Unidos, que é o único autorizado para os posuír.Ganninger, D. (2020). "There Really Was a $100,000 Bill ". En Medium.com. 16 de xuño. Calquera outra posesión do billete é considerada ilegal, por mor do seu alto valor nominal e da normativa vixente no momento da súa sinatura."$100,000 Gold Certificate". Bureau of Engraving and Printing (BEP.gov). Fóra do uso que poida facer o Goberno, o billete de 100.000 dólares só pode utilizarse con fins educativos, sinaladamente en museos para a súa exposición ao público.

Sábese que tanto o Instituto Smithsoniano —na súa Colección Numismática Nacional— como o Sistema da Reserva Federal posúen varios exemplares de billetes de cen mil dólares.

Este billete forma parte da serie de certificados de ouro de 1934, que abrangue tamén os billetes de 100,"100 Dollars". Banknote.ws de 1.000"1.000 Dollars". Banknote.ws e de 10.000 dólares."10.000 Dollars". Banknote.ws Deseño miniatura|esquerda|Retrato de Woodrow Wilson (1919)."Woodrow Wilson, head-and-shoulders portrait, facing front". Library ot the Congress (LOC.gov).|227x227px Anverso O billete de 100.000 dólares presenta no seu anverso un retrato en viñeta do presidente Woodrow Wilson, obra do artista gravador George Frederick Cumming Smillie."PMG Certifies Seldom-seen $100,000 US Gold Certificate Specimen". Paper Money Guaranty (PMGnotes.uk). miniatura|300x300px|Un exemplar do billete exposto no Museo Nacional de Historia Americana. No anverso aparecen tamén as seguintes inscricións:

THIS IS TO CERTIFY THAT THERE IS ON DEPOSIT IN THE TREASURY OF THE UNITED STATES OF AMERICA ONE HUNDRED THOUSAND DOLLARS IN GOLD PAYABLE TO BEARER ON DEMAND AS AUTHORIZED BY LAW ("Certifícase que se achan depositados no Tesouro dos Estados Unidos de América cen mil dólares en pouro pagadoiros ao portador á vista, segundo autoriza a lei").

Colocada sobre o selo do Tesouro: THIS CERTIFICATE IS LEGAL TENDER IN THE AMOUNT THEREOF IN PAYMENT OF ALL DEBTS AND DUES, PUBLIC AND PRIVATE ("O presente certificado ten curso legal polo seu importe en pagamento de todas as débedas e obrigas, públicas e privadas").

Acompañan estas lendas o número de serie, que aparece dúas veces, así como as palabras «Washington D.C.» en letra grosa e as sinaturas do Tesoureiro dos Estados Unidos e do Secretario do Tesouro.

Reverso O reverso, en tinta laranxa, presenta un gran «100.000» colocado diante dun símbolo do dólar. Uns raios dourados esténdense desde o centro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Krause, C. L.; Lemke, R. F. (2002). Standard Catalog of United States Paper Money. Krause Publications. ISBN 0-8734-9490-3 Friedberg, A. L.; Friedberg Krause, I. S. (1989). A Guide Book of United States Paper Money. Withman Publications. ISBN 0-8734-9490-3

Outros artigos

Dólar estadounidense Billetes do dólar estadounidense Billete de 500 dólares estadounidenses Billete de 1.000 dólares estadounidenses Billete de 5.000 dólares estadounidenses Billete de 10.000 dólares estadounidenses

Ligazóns externas

"Estados Unidos: la increíble historia de los billetes de 10.000 y 100.000 dólares". En Clarín. 2 de setembro de 2019

Categoría:Billetes do dólar estadounidense