Xoán Xacobe Fernández Fernández, nado en Moire (Carballeda, Piñor) o 25 de xullo de 1808 e finado en Damasco o 10 de xullo de 1860, foi un relixioso franciscano galego mártir e santo. En 2024 converteuse no cuarto santo nado na provincia de Ourense. É venerado na súa parroquia natal, Carballeda. Traxectoria Aos 22 anos, tomou o hábito de frade menor da orde franciscana no convento de Herbón (Padrón). Tras a desamortización de Mendizábal, foi enviado como misioneiro a Siria. miniatura|Igrexa de Carballeda (Piñor), en que se venera san Xoán Xacobe. Na súa fachada hai un busto deste santo. Forma parte do grupo de frades franciscanos coñecidos como os Mártires de Damasco, composto por sete españois e un austríaco, xunto a tres maronitas segrares: Manuel Ruiz López, Carmelo Bolta Bañuls, Engelbert Kolland, Nicanor Ascanio, Pedro Soler, Nicolás María Alberca e Francisco Pinazo Peñalver. Foron asasinados o 9 de xullo de 1860 na devandita cidade. Xoán Xacobe foi precipitado desde o tellado dunha igrexa. Aínda vivo suplicoulle a Deus con fervor que aceptase o seu sacrificio, ata que cunha coitelada o remataron. O seu corpo foi recuperado doce días despois por cristiáns sobreviventes.
Beatificación e canonización O papa Pío XI beatificouno, canda os seus compañeiros, o día 10 de outubro de 1926. O papa Francisco canonizouno o 20 de outubro de 2024.
Culto A súa memoria litúrxica celébrase o 10 de xullo. É venerado na súa parroquia natal, Carballeda, onde hai catro imaxes. Na catedral de Ourense, na capela do Rosario, tamén se encontra unha figura do santo, á par de Sebastián de Aparicio.
Tiña un vínculo familiar con Camilo José Cela. A súa familia dooulle á diocese de Ourense a casa natal de Xoán Xacobe.
Notas
Categoría:Santos de Galicia Categoría:Nados en 1808 Categoría:Nados en Piñor Categoría:Finados en 1860 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes