María José Jaén Calero, nada en Utrera, Sevilla o 29 de maio de 1962, é unha escritora e guionista española.
Traxectoria Licenciada en filoloxía catalá pola Universidade Autónoma de Barcelona, cultivou a novela e o relato. Deuse a coñecer en 1986 coa novela Amorrada al piló, que foi adaptada ao cinema ese mesmo ano por Antoni Verdaguer baixo o título L'escot.
Vive en Barcelona e é colaboradora do xornal El País e guionista de televisión. Colaborou en series de Televisió de Catalunya como Sitges ou El cor de la ciutat.
Obra Estimat Pablo. Rosa dels vents, 2021 La princesa valenta, i altres contes de sentiments. RBA Libros, 2009 La pinça birmana.Maria Jaén retrata l'univers de les telesèries a «La pinça birmana», El Punt, 25-09-2009, páx 32 La Magrana. RBA Libros, 2009. La promesa. Edicions 62, 1999 La dona discreta. Edicions 62, 1998 Dones enamorades. Edicions 62, 1998 La teva noia. Columna, 1992 Sauna. Columna, 1987 Amorrada al piló. Columna, 1986
Notas
Categoría:Nados en Utrera Categoría:Nados en 1962 Categoría:Escritores de Andalucía Categoría:Guionistas de España Categoría:Escritores en lingua catalá