Jesús Vázquez Alcalde, nado en Mérida o 2 de xaneiro de 2003, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Valencia, da Primeira División. É fillo do exfutbolista Braulio Vázquez, que xogou entre outros no Deportivo da Coruña e no Mérida.

Traxectoria Fillo do futbolista galego Braulio Vázquez e da estremeña Ana Alcalde, naceu en Mérida o 2 de xaneiro de 2003, época na que seu pai militaba na UD Mérida. Cando este pasou a traballar no Valencia, a familia instalouse na cidade levantina e Jesús ingresou na canteira do club. Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do Valencia e o 1 de novembro de 2020 debutou co Mestalla na Segunda División B, nun derbi ante o Hércules.

O 16 de decembro de 2020 disputou o seu primeiro encontro co primeiro equipo, nunha vitoria por 2-4 ante o Terrassa na Copa do Rei. A súa estrea na Primeira División produciuse na terceira xornada da tempada 2021/22, substituíndo a Denis Cheryshev nos instantes finais dunha vitoria por 3-0 sobre o Deportivo Alavés. Notas

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Mérida Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Valencia CF