Francisco Javier Fernández Fernández, nado en Granada o 27 de maio de 1981, é un cantautor e poeta español.
En 2024 participou en Pontevedra no Festival de poesía Veñan as cinco.
Traxectoria Empezou a compor con 13 anos. Nun principio autodidacta, realizou estudos de guitarra clásica e música moderna en Granada. Perfeccionou a técnica vocal co mestre Luís Otero.
As súas gravacións emitíronse por primeira vez en Radio 3 e Cadena Dial aos seus 16 anos, e actuou por primeira vez nun escenario no café La Tertulia de Granada aos 18.
Foi finalista en concursos nacionais e obtivo o premio de Canción de Autor da Deputación de Granada. Tras a gravación do seu primeiro disco Travesía trasladouse a Madrid para estudar piano na Escola de Música Creativa. Durante a estancia en Madrid traballou con Sony Music e editou o disco Buenos Días coa discográfica BMG.
Actuou no Teatro Isabel a Católica, o Centro Caja Granada e na Sala Galileo, e abriu o Festival Internacional de Cantautores 'Abril para vivir' en homenaxe a Carlos Cano. Realizou xiras por España, Arxentina, Chile e México.
Nos seus discos atópanse colaboracións con Revólver, Ismael Serrano e Ana Belén, e compartiu escenario con Fede Comín, Marwan, Luís Eduardo Aute, Amancio Prada, David Broza, Antonio Vega, Joan Tena e Tontxu.
En 2015 publicou o seu primeiro libro de poemas, El arte de tocarte.
Obras
Discografía
Veinte (2002) Travesía (2002) Buenos días (2004) Eco del tiempo (2009) Vorágine (2011) Afectos secundarios (2013) 15 años de viajes y canciones (2014) Lo que llevamos dentro (Disco-libro, 2015) Tierra, mar y aire (Disco-libro, 2019) Electrocanciograma (2022)
Libros
El arte de tocarte (2015). Editorial Auto-Editor. 152 páxs. ISBN 9788460658139. Poesía. Amor en play (2017). Esdrújula Ediciones. 100 páxs. ISBN 9788417042325. 2ª: 2021: ISBN 9788412460551. Poesía. Tierra, mar y aire (Disco-libro, 2019). Dixital. Coas colaboracións de Fetén-Fetén, Nano Stern e Edel Juárez.
Colaboracións
«Clave de luna» con Adrián Usero (2009) «Cogiendo el hilo» con Fito Mansilla (2014) «Me dejaré llevar» con Joel Reyes (2014) «Lejos» con Carlos Suárez (2015)
Premios
Concurso de canción de autor, primeiro premio, Deputación de Granada, 2002 XIV Certame de Cantautores de Melilla, primeiro premio, Cidade Autónoma de Melilla, 2013. Certame Novos Creadores 2007, accésit categoría música de cantautor, Concello de Madrid, 2007.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio oficial de Fran Fernández
Categoría:Nados en Granada Categoría:Cantautores de España Categoría:Nados en 1981 Categoría:Poetas de Andalucía