miniatura|Brasón de Jean Doyard, recollido dun armorial do século XVII. Na cultura occidental, xesto do dedo medio ou do dedo maior é un aceno obsceno feito coa man. Realízase amosando o dorso dunha man que só ten o dedo medio estendido cara arriba, aínda que nalgúns lugares tamén o polgar está estendido. O xesto comunica un desprezo de moderado a extremo.
Significados Moitas culturas usan xestos similares para demostrar falta de respecto, aínda que outras utilízanos para expresar o apuntamento sen falta de respecto intencionada. O xesto adoita utilizarse para expresar desprezo, pero tamén se pode empregar de xeito humorístico ou divertido.
Historia O xesto remóntase á antiga Grecia e tamén se utilizou na antiga Roma. Historicamente, representaba o falo. A principios de 1800, gañou un recoñecemento cada vez maior como un sinal de falta de respecto e foi utilizado por intérpretes musicais, actores, etc. a maioría aínda considera o xesto como obsceno. En períodos máis contemporáneos, os dedos índice e anular dobrados a cada lado do dedo medio comparáronse coa representación dos testículos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Figa V (xesto) Lingua de sinais
Ligazóns externas
Simply Body Language. SteNet S.B.V. Snopes.com
Categoría:Comunicación Categoría:Signos